Eventos
Onte levouse a cabo a confección do Mural Colectivo pola Igualdade.Nesta actividade, proposta polo Concello,colaborou o noso alumnado xunto co alumnado da asignatura de Plástica do IES Cabo Ortegal. O mural foi deseñado polas artistas Sol e Blanca xunto con Elena,a profesora de Plástica do IES.O deseño está baseado nos debuxos seleccionados no concurso convocado polo Concello.O alumnado de 5º e 6º participou neste concurso e os autores/as dos debuxos que se elexiron para compoñer o mural son:
Mateo Vila Posada 6º
Janire Adrián Afonso 6º
Bianca Andrea Galán Mirea 5ºA
Alejandro Rubido López 5ºB
Xa está á venda o noso calendario para o ano 2020.O tema deste curso é o coidado do noso planeta a través dos tres "R": Reducir, Reutilizar e Reciclar.
Xa publicamos o número 74 do noso xornal escolar "O Espigonciño".
Está feito coas aportacións das nenas e nenos do colexio de Cariño.
Como é habitual este ano tamén contamos cun Belén que se expón á entrada do centro. Podedes botarlle un vistazo no seguinte video.