Eventos
O pasado venres, e gracias á ANPA "A BASTEIRA", o alumnado desde EI ata 4º de EP disfrutaron de Contos pola Igualdade.
A contacontos Raquel Queizás fixo participar ao alumnado e tratou, a través de tres contos, de conciencialos na importancia da igualdade entre xéneros. Gracias.
Hoxe luns 25 de novembro, se o tempo o permite, o alumnado e persoal do centro participará na Marcha en contra da Violencia de Xénero.
Sairemos ás 11:30 h do colexio cara o Concello para reunirnos alí co alumnado do IES Cabo Ortegal, diversas asociacioóns e veciños e veciñas do pobo.
En caso de chover non sairemos e realizaremos a conmemoración desta data no salón de actos do colexio.
|
|
Ao final o tempo non nos permitiu participar na marcha. No salón de actos tivemos a nosa homenaxe ás víctimas: un alumno e unha alumna de 6º leron un manifesto, colgamos unha pancarta e gardamos un minuto de silencio por todas as víctimas.
MANIFESTO:
O CEIP MANUEL FRAGA IRIBARNE DI NON A:- PEGAR
- INSULTAR
- VIVIR CON MEDO
- AO MACHISMO
- DESIGUALDADE
- Á VIOLENCIA,
Onte levouse a cabo a confección do Mural Colectivo pola Igualdade.Nesta actividade, proposta polo Concello,colaborou o noso alumnado xunto co alumnado da asignatura de Plástica do IES Cabo Ortegal. O mural foi deseñado polas artistas Sol e Blanca xunto con Elena,a profesora de Plástica do IES.O deseño está baseado nos debuxos seleccionados no concurso convocado polo Concello.O alumnado de 5º e 6º participou neste concurso e os autores/as dos debuxos que se elexiron para compoñer o mural son:
Mateo Vila Posada 6º
Janire Adrián Afonso 6º
Bianca Andrea Galán Mirea 5ºA
Alejandro Rubido López 5ºB
Xa está á venda o noso calendario para o ano 2020.O tema deste curso é o coidado do noso planeta a través dos tres "R": Reducir, Reutilizar e Reciclar.
Xa publicamos o número 74 do noso xornal escolar "O Espigonciño".
Está feito coas aportacións das nenas e nenos do colexio de Cariño.
Como é habitual este ano tamén contamos cun Belén que se expón á entrada do centro. Podedes botarlle un vistazo no seguinte video.