Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Novembro 08, 2019
Start: 08/11/2019 19:03

Hoxe tivemos para todo o alumnado unha charla sobre o mel de Galicia a cargo de compoñentes de Mel de Galicia e Asociación Galega de Apicultores.

O alumnado recibiu de agasallo un tarriño de mel.

Unha parte do alumnado participou na confección do cartel da Feira do mel  e mazá de Ortigueira aportando os seus debuxos.

 

 

 

 

 

 

 

Xoves Novembro 14, 2019
Start: 14/11/2019 14:23

Hoxe celebramos o noso tradicional Magosto.

Debido ao mal tempo que houbo todo o mes de novembro tivemos que botar man dun novo sistema de asado: a locomotora.

 

 

 

O que non puidemos facer hoxe foron os xogos tradicionais.

Luns Novembro 25, 2019
Start: 25/11/2019 00:56

O pasado venres, e gracias á ANPA "A BASTEIRA", o alumnado desde EI ata 4º de EP disfrutaron de Contos pola  Igualdade.

A contacontos Raquel Queizás fixo participar ao alumnado e tratou, a través de tres contos, de conciencialos na importancia da igualdade entre xéneros. Gracias.

 
 

 

 

 

 

 

Start: 25/11/2019 01:35

 

Hoxe luns 25 de novembro, se o tempo o permite, o alumnado e persoal do centro participará na Marcha en contra da Violencia de Xénero.

Sairemos ás 11:30 h do colexio cara o Concello para reunirnos alí co alumnado do IES Cabo Ortegal, diversas asociacioóns e veciños e veciñas do pobo.

En caso de chover non sairemos e realizaremos a conmemoración desta data no salón de actos do colexio.

 

 

                 

Start: 25/11/2019 14:21

Ao final o tempo non nos permitiu participar na marcha. No salón de actos tivemos a nosa homenaxe ás víctimas: un alumno e unha alumna de 6º leron un manifesto, colgamos unha pancarta e gardamos un minuto de silencio por todas as víctimas.

MANIFESTO:

O CEIP MANUEL FRAGA IRIBARNE DI NON A:
  • PEGAR
  • INSULTAR
  • VIVIR CON MEDO
  • AO MACHISMO
  • DESIGUALDADE
  • Á VIOLENCIA,
PARA QUE OS NENOS E AS NENAS NON MEDREN SENDO MALAS PERSOAS E PODAN XOGAR EN PAZ.
A IGUALDADE NON SÓ É UNHA PALABRA, SENON UN FEITO CONTRA A VIOLENCIA
DICIMOS SI AO RESPECTO.
PAREMOS A VIOLENCIA.
 
Mércores Decembro 04, 2019
Start: 04/12/2019 10:09

Onte levouse a cabo a confección do Mural Colectivo pola Igualdade.Nesta actividade, proposta polo Concello,colaborou o noso alumnado xunto co alumnado da asignatura de Plástica do IES Cabo Ortegal. O mural foi deseñado polas artistas Sol e Blanca xunto con Elena,a profesora de Plástica do IES.O deseño está baseado nos debuxos seleccionados no concurso convocado polo Concello.O alumnado de 5º e 6º participou neste concurso e os autores/as dos debuxos que se elexiron para compoñer o mural son:

Mateo Vila Posada 6º

Janire Adrián Afonso 6º

Bianca Andrea Galán Mirea 5ºA

Alejandro Rubido López 5ºB

 

 

 

 

Distribuir contido