Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Outubro 28, 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
28
29
Start: 29/10/2019 16:00

O día 29 de outubro de 2019 , ás catro da tarde na Casa da Cultura (Auditorio Municipal de Cariño), celebrarase un acto de entrega do primeiro premio ao Clube do Mar Cariño pola súa campaña de conservación do medio natural.

Participará no acto a dobre medallista olímpica de vela Theresa Zabell.

Ás 17:00 comenzará un obradoiro de sostenibilidade.

 

Estades todas e todos invitados.

 

Máis información: https://clubdomarcarino.es/

 

Fotografía dunha paraia con xente colaborando na limpeza.

Imaxe propiedade do Clube do Mar Cariño, extraía do seu sitio web.

Start: 29/10/2019 20:30

Ola a todos e todas e benvidos !!!! 

Este curso ven cheíño de novidades que vos iremos contando,...E, para empezar con bo pé, nada mellor que celebrar o día grande da nosa Biblio...Está MULTILEO, a nosa mascota, ilusionadísima e con moitas gañas de contarvos como celebramos o aniversario o pasado 24 e 25 de Outubro na biblioteca.

Primeiro os colaboradores da biblioteca foron os encargados de facer a actividade “Eu léoche un conto” cos máis novos do cole, os nenos e nenas de 3 anos, a quenes levaron á biblioteca e tamén lles entregaron os seus novos carnés e os exemplares dos Bolechas que nos regalou Sogama para entregar a todo o alumnado de infantil.

Os colaboradores con nen@s de 4º EI                      

 

Outra das actividades, que realizaron tódolos cursos foi a de “ Recomendo un libro da miña Biblioteca”. Os nen@s escolleron un libro ou conto da Biblio e logo fixeron un debuxo da súa portada e escribiron o título do libro escollido xunto co seu nome. Unha vez que todos remataron a actividade realizóuse unha exposición co resultado do traballo.

                      

 

 

              

 

                                                                                 

 

MULTILEO está moi contento polo gran traballo que levaron a cabo tódolos alumnos e alumnas e mándalles unha aperta moi grande para cada un deles!!!!

 

 

 

 

 

30
31
1
2
3
Distribuir contido