Esquema de temas

  • Xeral

  • SISTEMA DE COMUNICACIÓN

    Ola familias!

    Como xa sabedes, o periodo de confinamento, tristemente, debe alongarse polo que o traballo que estimei suficiente para os catorce días iniciais, este venres 27 debe estar acabado.

    A partir de aqui comezamos unha nova forma de traballo e de comunicación con vós e cos alumnos e alumnas.

    O traballo que debe realizar o alumnado ireino subindo pouco a pouco, igual que fixeron os meus compañeiros no espazo dos alumnos.

    No apartado familias abrin tres foros diferentes: un para notificacións do profesorado exclusivamente e dous foros onde podedes participar todoos os familiares rexistrados na aula virtual do centro. Para estar rexistrado é necesario ter unhas claves de usuario e contrasinal que xa se vos foron enviadas ao correo. Hai familias das que non temos rexistrado no centro ningun correo polo que non se lles puido enviar a clave. Estas familias (ás que lles mandarei unha mensaxe privada), deberían notificalo canto antes para enviarlles a clave. Non obstante, para poder empezar como todos, de momento poden entrar poñendo no usuario o seu DNI con letra e coa clave que poden solicitar no enderezo axuda@colecarino.net

    No foro público para as familias, como se explica, participamos todos e visualizamos todos os comentarios. Estes días gustariame que lles ensinarades aos nenos este apartado para que me escribiran contándome como o están pasando, como van cos exercicios, dubidas que teñen... e así establecer unha canle entre todos ata poder volver á aula.

    Ademais as familias podedes informarme de como ides co traballo e así entre todos consensuamos cando comezamos o traballo novo.

    No último foro enviar a mensaxe privada á titora Rocío, como o propio nome indica, estas mensaxes son persoais entre vós e eu. Dúbidas, problemas, notificacións...que queirades facerme como se tivesedes titoria privada.

    Espero ter notificacións de todos e todas ao longo da semana para comprobar que estamos todos comunicados.

    Un saúdo e moito ánimo!!!!

    • Tema 4

      • Tema 5

        • Tema 6

          • Tema 7

            • Tema 8

              • Tema 9

                • Tema 10