DIA DO MEDIO AMBIENTE. OBRADIOROS DE RECICLAXE CO IES XERMAN ANCOCHEA

RECICLAMOS COS ALUMNOS DO IES XERMÁN ANCOCHEA QUEVEDO

DIA DO MEDIOAMBIENTE

 O martes 7 de Xuño os cursos de 6º de Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria viviron unha experienxcia de reciclaxe compartida cos alumnos/as de 3º e 4º da ESO.

Comezamos a xornada vendo un vídio sobre a reciclaxe e a contaminación.

Deseguido comezamos os abradoiros, que fomos rotando por grupos:

1. Obradoiro de reciclaxe: Onde os alumnos puxeron en marcha a súa creatividade, con tapóns, botellas ... e outros materiais reciclados fixeron cousas moi bonitas.

         

2. Obradoiro de chapas. Cada alumno/a decorou a súa chapa relacionada co coidado do planeta.

 

        

3. Obradoiro dos experimentos. O mestre de química do IES explicounos uns experimentos moi chulos que os alumnos puideron levar a cabo.

       

Dende o Colexio queremos dar as grazas ao IES Xermán Ancochea  pola súa colaboración e organización.

Foi un día espectacular para os nenos e nenas.

Aquí deixamos todas as fotos e videos destes día.