Skip to Content

Obradoiro de motricidade fina!

A semana pasada levamos a cabo un obradoiro de motricidade fina na clase dos máis pequechos do cole.

A motricidade fina consiste en coordinar músculos, ósos e nervios para realizar pequenos e precisos movementos, como por exemplo escribir. É moi importante de cara a prevención de dificultades no proceso lectoescritor. Por todo isto, a profe María e a profe Débora decidimos realizar este obradoiro tan guai co que, ademáis de pasalo xenial, melloramos aspectos de cara ó noso futuro.

O mellor de todo é que quedamos con ganas de máis!

Deixámosvos un adianto dalgunhas das tarefas que fixemos, premede na imaxe e veredes un vídeo super chulo feito pola profe María.

 

Unha aperta familia!

 



page | by Dr. Radut