MAGOSTO 2012

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Como todos os anos celebramos o magosto. Pola maña xogamos cos nosos compañeiros a unha serie de xogos que nos preparou a profe de educación física... Que ben o pasamos! Á tarde, primeiramente, cantamos unha canción do outono  no patio exterior do centro. Logo comemos as castañas, que nos trouxo a ANPA, acompañadas de zumos. Que boas estaban! Se queres ver como o pasamos de ben preme aquí.

TRABALLOS PARA A FEIRA DOS FUNGOS E COGUMELOS.

Un ano máis, xunto cos outros colexios do noso povo, participamos nesta actividade organizada polo Concello. Todos os nosos traballos recibiron premio destacando o que elaborou  a clase de Ed. Infantil de 4 anos que conseguiu o premio para ser o cartel anunciador desta feira para o próximo ano. Fotos

HALLOWEEN

Na clase de inglés celebramos este día con actividades, cancións e xogos típicos. Adornamos a clase e disfrazámonos para crear un ambiente típico de Hallowen. A auxiliar de conversa, Cassandra, mostrounos un Power Point donde vimos como se celebra esta festa en Minesota (USA) . Con esta e a profe de inglés pasamolo moi ben! Fotos.