Este ano haberá moita arte...

Día Mundial do Medio Ambiente

El mundo celebra el día mundial del medio ambienteOla ola caracola!

Educación Física, ciencias e reli ou valores é o que nos toca para hoxe . Máis que nunca deberemos pensar en facer as tarefas de xeito "amigable" co medio ambiente e ... que poderíamos mellorar?

Sendo o día que é hoxe, non podían estar desaparecidos ,  que alegría que aparezan por aquí @s do Bosque e, que noticia  interesante nos traen , lede lede !!!

Sabedes que día é hoxe? 5 de xuño e celébrase o Día do Medio Ambiente, polo que aquí estamos o Equipo de Bosque para darvos a coñecer a flora da nosa contorna e uns consellos para que o planeta Terra estea mellor.
Cada quen é responsable dos seus hábitos e decisións. E ti... queres axudar?
Hoxe é un bo día para replantexarnos cousas.

"Cando se encapota o sol en xoves antes do domingo chove"

 

 

Grupo Coruña | Qué hacer en Coruña          Ola ola caracola...!

O prometido é debeda e os refráns aportados por todas as "figuras" do Luis Seoane xa están aquí. Pero primeiro é a obrigación e despois a devoción así que como estamos a xoves e toca inglés, ciencias e galego  despois de facer as tarefas pasaremos un tempo divertido mirando o video que nos preparou a profe de audición e linguaxe.

Quedou xenial , grazas a todos os participantes e,  a seguir conectados que disto imos sair ben. Ata mañán!!!

 

En equipo... nunca mellor

Ola,ola caracola...

Xa mércores e con choiva bueno xa o dí o refrán ata o coarenta de maio..., pero de refráns falaremos mañá e moito, veredes que sorpresa!.

Hoxe tócanos traballo en equipo e loita pola superación porque si de algo nos serviu esta pandemia foi para valorar a importancia de traballar en equipo (nós demostramos ser equipo) e de superar obstáculos .

Así que, despois de traballar cas mate, lengua e educación física nada mellor que desfrutar con este corto que foi merecedor dun "óscar",  para recoñecer a importancia dos afectos, da valoración dos demais, do esforzo e búsqueda de solucións ... 

"HAIR LOVE" (o corto que fala de amor propio e traballo en equipo )

Para saber máis sobre disto na web de orientación publicamos hoxe unha entrada moi interesante para profes, pais e nais xa que tod@s debemos remar na mesma dirección. Familias, animámosvos a vela!

Relación provisional admitidos curso 2020 -2021

 
No taboleiro do colexio xa está publicada a relación provisional de alumnado admitido para o curso 2020-2021. Pode consultarse presencialmente ou chamando aos teléfonos 981617130 - 676727505.
Recordamos que segundo  a normativa vixente unha vez publicadas ábrese un prazo de 3 días para a realización de posibles reclamacións , contados a partir da data seguinte á da publicación.

Sementando ...

 

 

Ola ola caracola...

Xa o dicía Raziel o outro día , a capacidade de relaxarse é unha habilidade esencial no  mundo axitado que temos e mais no que estamos a vivir estes días. Desexamos ter vidas felices, relaxadas e tranquilas, pero mira por donde sempre aparece algo que non nos deixa facelo.

Menos mal que no noso cole practicamos moito sobre diso, o profe Quique leva tempo encargándose do tema co seu grupo de acolledores e pediunos colaboración para amosar como o poñemos en práctica .

Por outra banda a profe Ana sabe como facer montaxes divertidas  e todos e todas nós, actuamos de cine asi que o resultado,  velo ai vai!!!

 

 

 

Mais que nunca: " Luns Seoaniñán"

 

 
Ola ola caracola!
 
Atención , atención temos unha nova importante do EDLG que nos di:
Este curso, o Equipo de Dinamización Da Lingua Galega propuxemos como  actividade sinalar a partir deste ano,  o día 1 DE XUÑO  como O DIA DE LUIS SEOANE,  por ser este o día do seu nacemento, fai este ano 110 anos.
Por elo, un equipo de mestr@s do cole fixo unha  AULA VIRTUAL  sobre Luís Seoane onde poderedes acceder a distintas actividades, moitas delas feitas por nós, para coñecer ao artista que dá nome ao  noso centro. Podedes acceder ás actividades AQUÍ.
 
Do mesmo xeito, aquí vos deixamos unha presentación  para coñecer tanto a Seoane como a historia do noso benquerido  colexio.
 
O Equipo de Dinamización Da Lingua Galega fixo unha web onde atoparedes as novas e as actividades que levan a cabo no noso Centro. Haberá unha ligazón permanente na WEB do cole no marxe esquerdo para que accedades cando querades, non volo perdades que é chulísimo!!!
 
Grazas a tod@s !!
 
 

PRAZOS ENTREGA DE MATERIAL

Bo día familias!  Como xa vimos anunciando a semán que ven poderedes pasar polo cole para recoller o material que quedou nas aulas no momento da interrupción das clases presenciais.

Para respectar as medidas de seguridade estableceremos unhas quendas . Recordamos que so pode vir unha persoa por alumn@ e debe traer máscara de protección.

O horario de recollida será de 9:00 a 13:00h . Debedes timbrar na porta exterior e esperar a que vos abran. Será o conserxe o que vos acompañe ao comedor que é onde están os materiais debidamente etiquetados.

Se vos ven ben poderedes aproveitar a visita para facer a solicitude de material e fondo de libros para o próximo curso se é que non a tedes xa feita. Para este trámite deberedes pedir cita.

   LUNS 1 e MARTES 2 de Xuño, E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria.

                                                MÉRCORES 3 e XOVES 4 de Xuño, 3º,4º,5º e 6º de E. Primaria.

                                                (Para recoller o material non é necesario pedir cita)

 

Se tedes algunha dúbida xa sabedes, no centro atendemos presencialmente sempre con cita previa. A atención telefónica é de 10.00 a 13:00h no 981617130 e permanentemente no 676727505.

Seguimos en contacto... sorte!!!

 

 

 

Aniversarios de Maio !!! Xa están !!!

Ola ola caracola! Último día de clase dunha estupenda semán de sol e praia. Hoxe toca educación física, ciencias e relixión/valores e... temos a alguén aí...
 
Bo día! O Equipo de Saudadores volta , como acostumaba, para acordase dunhas datas moi especiais.

Que será, será?

 

 

   

Sexamos proactivos!

 

Ola ola caracola!

Estamos a xoves e toca inglés, ciencias e galego e despois de seguro que queredes praia. Levamos unha espléndida semana de sol que nos axuda a ver as cousas cun talante mais positivo como ten que ser nestes momentos tan difíciles. Pero mais positivo non quere dicir irreflexivo, fai sol, o bo tempo está dicindo: "á rúa" pero as medidas de seguridade non poden esquencerse, non podemos baixar a vixiancia. 

Nestes momentos debemos ter unha actitude proactiva e, sobre disto vai unha entrada na web de orientación así que vos invitamos a visitala.

E para pensar, dous videos, un sobre "O problema da laranxa" (como atopar solucións nun conflito) e Lorenzo que utiliza o seu cazo como unha solución, non como un problema.

 

Como aínda é martes, case que toca "desestresarse"

 

Ola ola caracola...

Hoxe no "cole dende a casa", faremos Inglés, Galego e Mate e, ao rematar non viría nada mal a posta en práctica desta suxestión que nos fan os amigos e amigas de Boas Prácticas que, como xa sabedes andan ás voltas para propoñer actividades e ...:

 "DINOS O TEU PROPIO XEITO DE CONTROL DO ESTRÉS"

 Dende o grupo de BOAS PRÁCTICAS do noso cole, en concreto do equipo de ACOLLEDORES queremos propoñer un "reto" que nos axude a coñecernos e conectar máis entre todos NÓS.

É moi probable que todos, nos meses de confinamento, tivéramos que pasar por momentos de medo, dúbidas, estrés, incertidumes... e seguro que TODOS puxemos en práctica algunha RECEITA SEGREDA para superalo...pintando, falando, bailando, plantando...

 

Queremos recibir, co permiso dos vosos titores, imaxes ou vídeos que nos falen de todo iso a través da nosa conta de correo boaspracticasseoane@gmail.com

 Logo, claro, COMPARTILOS COA FAMILIA LUIS SEOANE.

Para animarvos vai aquí un vídeo dun alumno acolledor.

 

 

 

Distribuir contido