AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA MERCAR MATERIAL ESCOLAR

Hoxe publicouse no DOG a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022. 

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación.

Polo tanto, as familias que recibistes o vale de 50€ en verán, poderedes vir ao cole a recoller o novo vale coa ampliación de 25€ ao colexio.

Por motivos de organización da Dirección pedimos que, se é posible, acudades ao centro a recoller os vosos vales a partir do luns 24 de outubro.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

 

ACLARACIÓN: NON HAI QUE FACER NINGUNHA SOLICITUDE NIN CUBRIR NADA,  SOAMENTE VIR AO COLE A RECOLLELO A PARTIR DESA DATA.