NOVAS
- Circular informativa de inicio de curso para las familias.
- Comezo actividade lectiva: mércores 11 de setembro.
- PERÍODO DE ADAPTACIÓN EN 4º de educación infantil: do 11 ao 13 de setembro de 09:45 a 11:45 h; do 16 ao 17 de setembro de 09:45 a 13:00 h e a partires do 18 de setembro de 09:30 a 14:30 h.
- Reunións iniciais coas familias: xoves 5 de setembro ás 10:00 h reunión coas familias de 4º, 5º e 6º de educación infantil; xoves 5 de setembro ás 12:00 h reunión coas familias de 1º e 2º de educación primaria; venres 6 de setembro ás 10:00 h reunión coas familias de 3º e 4º de educación primaria; e venres 6 de setembro ás 12:00 h reunión coas familias de 5º e 6º de educación primaria.
-
Aberto ata o 13 de setembro o prazo de presentación de solicitudes de bolsas e axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo convocadas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Poden atopar toda a información desta convocatoria en: ORIENTACIÓN LEIRADO
- HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DURANTE O CURSO ESCOLAR PREVIA CITA: SECRETARÍA, DIRECCIÓN E XEFATURA DE ESTUDOS (luns e venres dende as 09:30 ás 10:15 h. e mércores de 10:20 a 11:10 h).
- Relación de libros de texto para o curso 2024-2025
- Pautas para o alumnado que inicia a súa escolarización.
- ENLACE AS CURTAMETRAXES DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: MULTICINES LEIRADO: APRENDIZAXE, CÁMARA, ACCIÓN
SOMOS CENTRO E-DIXGAL
Neste curso escolar 2024-2025 o profesorado e alumnado de 5º e 6º de educación primaria desenvolverán novamente a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai a permitir acceder aos contidos dixitais.
APRENDEMOS COOPERANDO E COOPERAMOS PARA APRENDER - APRENDIZAXE COOPERATIVA
Partindo da docencia por parte de relatores externos (Jose Ramón Lago, director do Departamento de Psicoloxía da Facultade de Educación, Tradución e Ciencias Humanas da Universidade de Vic) e do asesoramento por parte das asesoras do CFR de Vigo, realizamos todo un proceso de implementación no centro dos diferentes ascpetos da Aprendizaxe Cooperativa e da integración das competencias clave na aprendizaxe do noso alumnado.
Na aprendizaxe cooperativa o alumnado traballa en equipos de 3, 4 ou 5 alumnos e alumnas, cunha finalidade didáctica, utilizando unha estruturación da actividade de xeito que se asegure a participación equitativa e se aproveite ó máximo a interacción simultánea entre eles cunha dobre finalidade: que todos os membros dun equipo aprendan os contidos escolares e que todos aprendan ademais a traballar en equipo.
Os ámbitos de intervención que se traballan dentro de cada grupo clase son sempre tres:cohesión de grupo(actuacións dirixidas a cohesionar o grupo clase e preparalo para o traballo en equipo, a cooperación e a aprendizaxe), traballo en equipo como recurso (actuacións dirixidas a utilizar o traballo en equipo para ensinar e aprender) e traballo en equipo como contido (actuacións dirixidas a traballar en equipo).
APRENDIZAXE POR PROXECTOS - TAREFAS INTEGRADAS CON ESTRUTURACIÓN COOPERATIVA ATENDENDO AOS PRINCIPIOS DO DESEÑO UNIVERSAL DE APRENDIZAXE
Co obxectivo de lograr unha educación de calidade para todo o alumnado e desenvolver ao máximo posible as súas capacidades, dende hai uns cursos o centro está deseñando un Proxecto documental integrado anual. Planificamos o proxecto en reunións conxuntas dos equipos docentes. Incluído na Programación Xeral Anual, abarca obxectivos da Biblioteca, do EDLG, do equipo TIC, do equipo de Actividades Complementarias, ademais de integrarse no currículo dos diferentes niveis. A partir desta programación básica o profesorado selecciona criterios de avaliación dos diferentes niveis de educación infantil e primaria relacionados con tarefas a realizar e abarcando diferentes materias.
Deseñamos tarefas integradas e actividades con estruturación cooperativa atendendo aos principios do Deseño Universal de Aprendizaxe mediante a docencia compartida e que distribuimos e implementamos ao longo do curso.
O presente curso escolar 2024-2025, o noso proxecto será...
Proxectos de cursos anteriores:
|
||
BIBLIOTECA
A biblioteca escolar está ao servizo da comunidade educativa, ofrecendo documentos en variados soportes, como apoio das distintas aprendizaxes e tamén da lectura de lecer. É lugar de traballo no desenvolvemento da actividade docente, con recursos actualizados e ordenadores con acceso a internet, lectores electrónicos, tablets, robots... Os seus fondos móvense constantemente nos empréstitos ás aulas, empréstitos individuais e mochilas viaxeiras que circulan polas casas.
Arredor da Biblioteca organízanse actividades de contacontos, visitas de autores, fomento da lectura, formación de usuarios, educación documental... que conducen ao alumando a ser lectores e lectoras competentes, tan necesario para desenvolverse na sociedade actual e para formarse como persoas.
A biblioteca dispón tamén dunha sección para as familias e horario de apertura polas tardes.
Dende o ano 2007 está integrada no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación.
Aquí están algunhas das nosas actividades:
Participamos dentro dos seguintes proxectos: Voluntariado de lectura-A, Proxecto ELBE, Biblioteca Creativa, Biblioteca Solidaria, Biblioteca Inclusiva, Club de lectura e Plan Lía 2.
PLAN DE FOMENTO DE USO DO GALEGO
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega ten entre os seus obxectivos normalizar e potenciar o uso da lingua galega en todos os ámbitos da comunidade escolar, e recuperar e manter a tradición e a cultura galegas. A tal fin leva acabo numerosas actuacións ao longo do curso nas que se implica, sempre que sexa posible a todo o alumnado e profesorado.
SOMOS CENTRO PLURILINGÜE
O centro foi incluído na Rede de Centros Plurilingües de Galicia dende o curso escolar 2022-2023 co obxectivo de mellorar a competencia comunicativa en linguas maternas e lingua estranxeira a través do tratamento integrado das linguas. Ademais da área de lingua estranxeira-inglés, a materia de música tamén é impartida integramente en inglés para lograr ese obxectivo.
PROA+
Dende o curso escolar 2021-2022 o centro foi seleccionado para participar na iniciativa PROA+ co fin de seguir avanzando cara á consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda ás necesidades de todo o alumnado e para continuar traballando polo fomento do éxito escolar e a prevención do absentismo e abandono escolar temperá. Intentamos así favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional.
DEPARTAMETO DE ORIENTACIÓN
O Departamento de Orientación do centro ten como obxectivo adecuar a resposta educativa ás diferentes caracterísitcas e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais; tratando de contribuír á formación integral do noso alumnado; e tratando de asesorar e implicar a toda a Comunidade Educativa.
O Departamento de Orientación está formado por duas mestras especialistas en audición e linguaxe (Paula Souto e María Castro), dúas mestras especialistas en pedagoxía terapéutica (Yolanda López e Rocío Pino) e a xefatura do Departamento de Orientación (Begoña Muñoz). Ademáis o Departamento conta coa colaboración dun auxiliar técnico educativo.