Iniciar sesión: Acceso

VISITA AO BOSQUE DOS NENOS

O venres día 5 de outubro fumos de excursión ao BOSQUE DOS NENOS. Acompañáronnos Luís (pai de Carla), Helena (nai de Raquel) e Cholo (avó de Maria). Entre todos contáronnos historias moi chulas que intentaremos recordar e contar cando sexamos maiores.
Fixemos orientación, levamos un mapa que nos foi indicando por donde íamos (a Cabana, a Corredoira,os Escorbos...), visitamos as abellas, recollimos froitos e follas, fixemos fotos...Repetiremos seguro!