Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

Letras Galegas 2016 homenaxeando a Manuel María!

Co gallo das Letras Galegas levamos a cabo unha chea de actividades.

Realizamos unha exposición á que titulamos: “Contigo Manuel María”.

Nela expuxéronse elementos aportados por toda a comunidade educativa. Trátase de libros e obxectos persoais relacionados con Manuel María (moitos adicados por el). Tamén se incluiron manualidades elaboradas polo alumnado en relación a elementos da obra do autor homenaxeado.

Elaboramos dun mapa no que se mostra o lugar de orixe dos distintos autores ós que se lles adicaron as Letras Galegas ó longo dos anos.

Fixemos un retrato estilo Warhol de Manuel María. Este retrato falilitóunolo unha nai e completárono entre o alumnado de infantil e primaria.

 

Tivemos un contacontos relacionado con Manuel María musicado a cargo de Saleta e Josito da academia de lecer “CoolSchool”. Pasámolo moi ben con eles!

Realizouse un roteiro poético por Outeiro de Rei recitando poemas de Manuel María. Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria realizaron uns días antes das Letras Galegas unha ruta por Outeiro de Rei recitando poemas da Obra de Manuel María.

Tivemos un oco musical no que todo o alumnado do centro cantou a canción  de “O Carro”. O alumnado e profesorado do colexio cantou o poema de “O Carro” coa compaña de Antón Castro, integrante dun dos grupos que o musicou: Fuxan os Ventos.

(Para ver o vídeo en grande fai clic na esquina superior dereita) 

 

E por último, a ANPA do centro organizou unha actuación se música e baile rexional impresionante!