Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

Secretaría

Listaxe de admitidos IES Río Miño

Publicada a listaxe definitiva de alumnado de 6º de Primaria que solicitou praza no Ies Río Miño de Rábade para 1º ESO.

Para ver a listaxe emprega o enlace LISTAXE

 

 

 

Admisión alumnado 2020-2021

Solicitude de admisión de alumnado curso 2020-2021:

 

PRAZO:DO 1 AO 20 DE MARZO

 

SOLICITUDE:modelo ED550B

Pódese recoller no centro ou cubrir na aplicación no seguinte enderezo https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

DOCUMENTACIÓN:

-Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a

-Certificado de padrón municipal onde consten todos os membros da unidade familiar.

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa están dispoñibles os vales para a adquisición de material escolar e libros de texto dos cursos de 1º e 2º de Educación Primaria. Pódense recoller ata o venres de 10:00 a 14:00h. Os que non se recollan entregaranse en setembro.

 

Podedes consultar a listaxe provisional do fondo solidario de libros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria no anexo.

 

A listaxe definitiva publicarase o venres que incluirá os libros que corresponden a cada alumno/a.

Listaxe provisional de admitidos curso 2019-2020

Para consultar as listaxes de admitidos premer nos arquivos adxuntos.

 

 

As listaxes definitivas de admitidos publicaranse o 14 de maio

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2018

O próximo venres 21 faremos un pequeno festival no cole para darlle a benvida ao Nadal e gustaríanos contar coa vosa presenza.

Os nenos e nenas de Infantil actuarán ás 11:45h no seu patio e os de Primaria ás 12:00h no salón de actos ( podedes ver as actuacións por orde no adxunto)

O horario dese día será de 09:30h a 14:30h, despois comedor e transporte ás 16:00h.

 

                  BO NADAL!!

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Está aberto o prazo para presentar candidaturas ao Consello Escolar ata o venres 16 de novembro. 

O modelo para cubrir está á vosa disposición no centro.