Publicada a listaxe definitiva de admisión de novo alumnado o venres 26 de xuño.
Pódese consultar no centro (non houbo variación con respeto á listaxe provisional )
MATRÍCULA ALUMNADO CURSO 2020-2021
Prazo de matrícula: 1 a 10 de xullo
DOCUMENTACIÓN:
Anexo III (matrícula)
Autorización de imaxe
Cuestionario para as familias do alumnado de infantil
Aplicación abalarMóbil
Aberto o prazo para solicitar praza para o comedor escolar do curso 2020-21
Podedes descargar os impresos nos anexos adxuntos
Publicada a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2020-2021. Pode ser consultada no centro educativo.
TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE NESTE CENTRO ESTÁ ADMITIDO.
A listaxe definitiva de admitidos publicarase o 26 de xuño.
A MATRÍCULA SERÁ DO 1 AO 10 DE XULLO
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
AXUDAS PARA A ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-2021
Normativa: Orde do 12 de maio de 2020
Destinatarios:
Fondo solidario de libros de texto para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
Axudas para adquirir libros de texto para o alumnado matriculado en 1º e 2º de Primaria.
Axudas para adquirir material escolar para todo o alumnado matriculado en primaria.
PRAZO: do 20 de maio a 19 de xuño.
FORMA DE PRESENTACIÓN:
Poderán realizar a solicitude accedendo a aplicación Fondolibros cubrindo os datos e gardándoa, obtendo así un número de solicitude. Posteriormente poderán presentala no centro ou presentala na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. A solicitude tamén se lles facilitará no centro pero deberán cubrila na casa.
DOCUMENTACIÓN:
Co gallo do confinamento e da suspensión da actividade nos centros educativos, a Consellería de Educación acordou que as actividades a realizar durante este último trimestre sexan de reforzo, repaso e recuperación, non podendo influír negativamente na avaliación final do curso, aínda que si poden servir para recuperar materia non superada durante a primeira e segunda avaliación.
A tal efecto o profesorado do centro elaborou unha adaptación da programación para este terceiro trimestre
Os documentos pódense consultar nos anexos desta entrada.
O Concello de Outeiro de Rei organiza un concurso de Narración e Debuxo Infantil.
Aquí tedes as bases do concurso
Ficha de datos persoais
Segundo as instrucións da Consellería de Educación, ábrese de novo o prazo de admisión de novo alumnado.
Comezará o luns día 11 de maio e rematará o 18 de maio.
O horario de información ou recollida de solicitudes será de 10 a 14h na conserxería do centro e haberá que gardar as pertinentes medidas de seguridade como:
Amplíase o prazo de recollida das solicitudes de admisión de novo alumnado ata unha semana despois do reinicio das clases.
Información coronavirus para os centros educativos, familias e alumnado.
Pincha no enlace para ver o vídeo informativo e as recomendacións da Consellería de Sanidade.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |