Blog eduemociona

Pequena contribución de 6ºB de Infantil para intentar mellorar o noso entorno, facéndose responsables de coidar a árbore, protexela, regala e avisando ás outras clases de que a respeten.

Os nenos e nenas de 6ºB de Infantil escribimos os desexos que nos fan felices agardando que poñéndoos por escrito nos axude a acadalos.

 

OBXECTIVO: Identificar as nosas emocións e expresalas de maneira gráfica.

MATERIAIS: Vídeo do libro: “The Color Monster.”

 

 

TEMPORALIZACIÓN: 50 minutos.

DESCRICIÓN: Vemos o vídeo da lectura do libro "The Color Monster." onde se identifica cada emoción cunha cor diferente. Desta maneira é moi fácil identificar as emocións de maneira gráfica. Logo pintan un monstruo coa emoción coa que se senten identificados nese momento e explican o seu motivo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ÁREA:Inglés

NIVEL: 2º PRIMARIA

OBXECTIVO: Adquirir  vocabulario e estructuras  relacionadas con “feelings and emotions”: “I’m happy/sad/angry…” “How are you?”; Identificar colores con emociones.

Esta actividade vai dirixida a 2º nivel de Primaria e tomamos como punto de partida o conto THE COLOUR MONSTER  para traballar o vocabulario relativo ás emocións relacionadas coas cores.

 

En primeiro lugar visualizamos o conto “The colour monster”

Despois contestamos a preguntas como: What color is  for the angry monster ?, What color is  for the happy  monster ?, What color is  for the calm  monster ?...

A continuación realizamos unha ficha relacionada coas emocións e as cores que aparecían no conto:

 

MATCH YOUR FEELINGS!!

Trátase dun xogo de cartas que repartimos entre dous grupos de alumn@s. Cada un ten que buscar á parella que comparta a carta co mesmo sentimento. Para descubrilo os nen@s foron pola clase preguntando HOW ARE YOU?

Si pinchamos neste enlace poderemos ver o desenvolvemento da actividade no seguinte video:

 FIND PAIR ACTIVITY

 

 

 

Na clase de 5ºA lemos o libro O Chispas e despois recopilamos expresións, vocabulario, o que máis nos gustou e as ensinanzas que nos deixou.

Os nosos alumnos de 6º de E. Primaria realizaron unhas fantásticas receitas.

 

BO PROVEITO! 

 

OBXECTIVO: Identificar e asociar determinados estados de ánimo en inglés coas súas correspondentes accións.

MATERIAIS: Vídeo: “If you're happy.”

TEMPORALIZACIÓN: 50 minutos.

DESCRICIÓN: Exploramos diferentes emocións e aprendemos o seu nome en inglés. Despois vemos o vídeo e practicamos os movementos relacionados con cada unha delas. Con isto melloramos a coordinación motriz dos nenos á vez que expresan as emocións.

 

 

 

 

Traballando as emocións, en 5ºA buscamos a maneira de facerlle fronte ao estrés: practicar a relaxación, escoitar música que nos guste, xogar, facer exercicio,...

Para conmemorar o día da familia, no cole representamos a nosa gran familia.

 

Distribuir contido