Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

Blogues

Maiasaura!!

  Na  clase de 5º A de Infantil estivemos pescudando como nacen os dinosauros e que as nais MAIASAURAS( BOA NAI LAGARTO) coidan e protexen os seus ovos. Gozamos moito con este conto musical. Agardamos que vos guste tanto coma nós!

      

         

Letras Galegas

Para a celebración do días das Letras Galegas os nenos e nenas de 2º B eleximos a palabra FURABOLOS

 

Vivan as uñas de cores

Os nenos e nenas de 2º B traballos o conto "Vivan as uñas de cores"

 

Elaboramos un mural e pintámonos as uñas!!

 

 

PROXECTO OS DINOSAUROS!!

 Na clase de catro anos A comenzamos o novo proxecto relacionado coa temática dos dinosauros decorando a nosa porta. Ollade o resultado final do que traballamos!!

       

           

Reutilizamos

En 6ºB de EI reutilizamos materiais que xa non serven para intentar darlles unha segunda vida

 

Traballo emocións

Na aula de 4º A de primaria traballamos as emocións, deixamos un pequeno vídeo con algúns traballos.

 

 

PROXECTO CIDADES

Na clase de 4ºA de primaria traballamos sobre as nosas cidades preferidas.


CALIFORNIA

 

NEW YORK

 

EXIPTO

 

ANDALUCÍA

 

PARÍS

 

 

AO FINALIZAR, CADA EQUIPO ESPUXO O SEU TRABALLO NA CLASE. 

ÁRBORE DOS DESEXOS

Na aula de 4ºA de Primaria realizamos a nosa árbore dos desexos. Desexos que ían ser compartidos despois cos demais compañeiros e compañeiras. Aquí deixamos o resultado.

 


As aulas de 4º de Infantil traballamos as emocións

Os nenos e nenas de 4º de Infantil A e B, traballamos as emoción durante o curso de moitas e divertidas formas. Aproveitabamos sobre todo o momento de faladoiro para traballar con difetentes materiais e así profundizar no coñecemento e recoñecemento das nosas emocións. Deixamos unhas fotos nas que podedes ver como traballamos.

 

Practicamos coa nosa cara as difetentes emocións.

Adiviñamos emocións.

Xogamos co dado das emocións.

 

Seguimos a practicar as emocións.

Fixemos actividades de asamblea.

 

 

Tamén os deixamos unha pequena mostra do contos cos que traballamos os difetentes emocións. 

 

Pasamolo xenial facendo todas estas actividades.

 

Emotion boxes

EMOTION BOXES

OBXECTIVO: Recoñecer e interpretar as distintas emocións e producir oralmente en inglés o vocabulario e expresións relacionadas coas mesmas.

NIVEL: 2º Primaria

MATERIAIS:

  • Diferentes tarxetas con imaxes que reflictan distintos sentimentos ou situacións emocionais
  • Seis caixas de cartón coa imaxe visible de The colour monster en distintas cores.
  • Seis cartulinas de cores

 

 

Logo de repasar o vocabulario e expresións traballadas en sesións anteriores: I'm sad/scared/happy/angry..... desenvolvemos a actividade en dúas fases:

- Repartimos entre os nen@s as distintas tarxetas e cada un deles e por turno terán que dicir en voz alta o sentimento que lles aparece na imaxe. A continuación, cada nen@ procederá a introducir a tarxeta na súa correspondente "emotion box".

Para finalizar a actividade escolléronse a seis "captains" que serán os encargados de inspeccionar as "boxes" e comprobar que as tarxetas coas emocións se introduciron na caixa correspondente de forma correcta.

 - Repartimos de novo as tarxetas e dividimos a clase en seis grupos correspondentes á seis emotions que se traballaron no conto: LOVE - SADNESS - HAPPINESS - ANGER - FEAR - CALM

Cada grupo reúnese en torno á cartulina da cor relacionada co seu sentimento: HAPPINESS/YELLOW; SADNESS/BLUE, .... e agrupamos e colocamos as distintas imaxes na cartulina correspondente como soporte gráfico da linguaxe dos sentimentos traballada.