Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

Blogues

Canción dinosaurios aulas 4º infantil A e B

Boas noites familias, nesta entrada presentamos unha das nosas cancións favoritas sobre os dinasaurios.

Asi que.... subide o volumne ...... e a BAILAR!!!!!!!!

 

Os botes das nosas bágoas

OS BOTES DAS NOSAS BÁGOAS

Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil recollemos as nosas bágoas con Simón e os monstruos das cores. Esperamos que vos gusten!

Como nacen os dinosaurios?

COMO NACEN OS DINOSAURIOS?

As nenas e os nenos de 5º B asistimos ao nacemento de dous dinosaurios, foi unha longa espera, pero co paso dos días, por fin chegou o momento de coñecer a dous membros novos da nosa clase. 

 

Os dinosaurios chegaron ás aulas de 4º A e B de Educación Infantil

O alumnado de 4º A e B de Educación infantil quedou abraiado coas pegadas que apareceron no chan das súas aulas, todo parecía indicar que os dinosaurios andiveran polo cole, e como non podía ser doutra maneira... Comezamos unha investigación!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha das cousas que máis nos chamou a atención foi este descubrimento!

AS ÁRBORES DOS DESEXOS

En 1ºA e en 1ºB tamén fixemos as Árbores dos Desexos.

Para iso, pechamos os ollos e pensamos que é aquilo que desexamos con todas as nosas forzas. A algún de nós ao comezo só se nos ocorrían cousas materiais, como son os xoguetes, pero despois entendemos que non se trataba diso...

A verdade é que saíron desexos moi interesantes relacionados coas familias, amizades, mascotas... e, entre eles, por suposto, tamén estaba que se acabe o coronavirus!!!

 

LETRAS GALEGAS - CLASE DAS BOLBORETAS

Para o 17 de maioDía das Letras Galegas, os nenos e nenas de 1ºA escollemos 6 palabras en galego que nos parecen bonitas, ao mesmo tempo que definen o noso grupo.

Por suposto, a palabra BOLBORETA non puido faltar, pero tamén engadimos outras ben xeitosiñas: AGARIMOALOUMIÑOBULEBULELAMBETADA LEDICIA.

 

OS NOSOS CORAZÓNS ESTÁN CHEOS DE AMOR

Outras actividades moi relacionadas con esa dinámica inicial do folio engurrado son as que levamos a cabo aproveitando o Día do Amor e da Amizade (14 de febreiro).

Este día, valoramos que cousas boas e, sobre todo, que persoas ocupaban un espazo no noso corazón: aquelas que nos axudan, coas que nos divertimos, as que nos dan cariño...

 

 Ademais, tamén nos pareceu boa idea darnos aínda máis amor que de costume e dicirnos cousas bonitas uns aos outros, o que nos gusta dos demais, por que son especiais para nós... Para iso, fixemos o amigo invisible, no que cada un de nós debería escribir nunha mandala con forma de corazón unha dedicatoria con moito amor ao compi que lle tocara.

ENCANTOUNOS SENTIRNOS QUERIDOS E SABER QUE COUSAS BOAS VEN OS DEMAIS EN NÓS!!

AS NOSAS PERSOAS FAVORITAS

A partir da dinámica do folio engurrado, démonos conta de que nos momentos en que non estamos tan ben necesitamos ás persoas que son máis importantes para nós, que nos axuden e que nos fagan compañía.

Por ese motivo, cada un de nós elaborou un carteliño, libro ou o que quixo, para mostrarlle aos demais compañeiros/as quen formaba parte dese grupo privilixiado de "As nosas persoas favoritas".

Fixémolo con moito mimo e ilusión para despois expoñerllo aos nosos compis...

Se queredes ver as nosas creacións, pulsade nos corazóns que aparecen na seguinte imaxe :)

 

 Deixámosvos tamén unha canción que nos acompañou nesta actividade, agardamos que vos guste tanto coma nós!!!
 

O FOLIO ENGURRADO

Os nenos e nenas de 1ºA tamén estivemos traballando as emocións ao longo de todo o curso con diferentes vídeos, contos e actividades pero foi nestes dous últimos trimestres cando fixemos máis fincapé na educación emocional.

Para dar comezo a este proxecto de Eduemociona, levamos a cabo a dinámica O folio engurrado...

Con ela, démonos conta de que todo o que acontece ao longo da nosa vida, bo e malo, deixa unha pegada moi importante en nós, que incluso pode influír na nosa actitude e forma de ser. A verdade é que non deixou indiferente a ningún dos e das participantes!!!

Aquí vos deixamos a nosa experiencia...