Informamos familias que dende o Centro de información ás mulleres (CIM) do Concello de Redondela, vaise poñer en marcha o Servizo de atención e educación nutricional, no que unha profesional atenderá de maneira individual dúbidas e consultas sobre problemáticas derivadas da nutrición: perda de peso, enfermidades ou problemas relacionados coa alimentación, fomento de hábitos saudables ou calquera outra circunstancia que poida estar relacionada.
Se proporcionarán plans nutricionais, consellos e recomendacións.
O servizo se desenvolverá no Multiusos da Xunqueira, os luns de 16.00 a 20.00 horas e os martes de 09.30 a 13.30 horas.
Para acudir a este Servizo, que é de balde, é preciso concertar cita previa no número de teléfono 986 40 80 43 ou 986 40 26 14.
Para máis información se pode consultar a páxina web do Concello de Redondela.