Obradoiro Hábitos Saudables Educ. Infantil+1º+2º (26/04)

Mañá Xoves 26 de Abril o alumnado de Educ. Infantil+1º+2º disfrutarán un obradoiro do máis saudable a cargo dunha profesional do sector da nutrición da man do Concello de Redondela que fará actividades e dinámicas co noso alumnado. Ao longo da sesión afianzarán aqueles contidos esenciais a cerca do que implica unha dieta equilibrada e saudable: función dos alimentos e a súa clasificación dos alumentos, a hixiene dos alimentos e a súa importancia en xeral, etc

Devandita actividade entra dentro do Proxecto Hábitos Saudables do centro (Salugal)  que engloba alimentación (Lácteos na escola "Vaca Lucy", Consumo de peixe "O sabor da aventura está no mar", consumo conservas "Ponlle as pilas ao teu bocata", consumo de froita "Froita na escola"...) e actividade física (Xogade, Proxecto Deportivo de Centro,... ).