A festa dos Maios está a chegar e despois do éxito do curso pasado, queremos repetir e facer o noso Maio.
E como non, precisamos da vosa colaboración. Necesitamos que recollades e gardedes nas vosas casas o material necesario para construír o Maio, pero imos organizar a tarefa en función dos ciclos.Todo o material que pedimos pódese atopar nos campos, nos camiños, nas vosas propias fincas e xardíns ou nas das vosas familias.
O que máis necesitamos é fiúncho, funcho fiuncho e muito fiuncho, por iso pedímosllo a todo o alumnado.
29 de ABRIL: Datas de entrega do material
29-30 de Abril: O Alumnado fará o MAIO
30 de ABRIL: Festa dos Maios: deberán vir vestidos con pantalón vaqueiro e camisa ou camiseta branca. Tamén poden traer unha boina negra se a teñen ou poden conseguir e cantaran as nosas xa tradicionais coplas!
Toda a info: http://maios.ceipdelaredo.com