Información FOLGA do ENSINO 10/09

Diferentes sectores sociais e sindicatos comunicaron diversas convocatorias de folga en educación, para primaria será este xoves 10 de setembro de 2020 ante a escasez de recursos existentes nos centros educativos públicos para mellorar a seguridade do alumnado/profesorado ante o covid ;e que se desenvolverá desde as 00.00 horas do 10 de setembro ata as 24.00 do mesmo día.

Están garantidos no centro os servizos mínimos.

Designación nominal dos servicios mínimos:

Destacarse que no ámbito da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polo que se refire ao servizos mínimos educativos, este non pode ser reducido exclusivamente á actividade docente, xa que, xunto a esta actividade, se realizan outras funcións como son a vixilancia e coidado dos nenos e nenas, menores de idade, que acoden aos centros docentes públicos, así como o coidado, mantemento e vixilancia das instalacións destinadas ao servizo público educativo e implementación de medidas COVID19 (garantidas cos servizos mínimos e respaldadas pola CEOU).