Diferentes sectores sociais e sindicatos comunicaron diversas convocatorias de folga en educación mañá 12 de decembro de 2019 a Consellería de Educación, e que afectará todas as actividades e centros de traballo, tanto empresas privadas como do sector público, con vínculo funcionarial, estatuario ou laboral, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia ou na Administración exterior, e que se desenvolverá desde as 00.00 horas do 12 de decembro ata as 24.00 do mesmo día.
Están garantidos no centro os servizos mínimos.
Designación nominal dos servicios mínimos:
Destacarse que no ámbito da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polo que se refire ao servizos mínimos educativos, este non pode ser reducido exclusivamente á actividade docente, xa que, xunto a esta actividade, se realizan outras funcións como son a vixilancia e coidado dos nenos e nenas, menores de idade, que acoden aos centros docentes públicos, así como o coidado, mantemento e vixilancia das instalacións destinadas ao servizo público educativo (garantidas cos servizos mínimos e respaldadas pola CEOU).