ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2018/19.
PRAZO 23/06 ata o 8 de Xuño
SOLICITUDE TELEMÁTICA
O vindeiro Martes 28 de Maio ás 17h teremos no centro a María Nimo, especialista nos usos educativos da robótica, programación e a Ciencia e de como integralos no noso día a día dende os fogares sen prexuízos de xénero.
Informámosvos dunha actividade que terá lugar na biblioteca de Chapela a vindeira semana:
Contacontos en Lingua de Signos,na Biblioteca de Chapela: O vindeiro mércores 23 de maio, ás 19:00 h., e a cargo de XOGA, a Organización de Xordos de Galicia teremos un contacontos para o noso público máis miúdo.
Os vindeiros 23/24 de Maio realizaremos no centro as probas de avaliación diagnóstica no alumnado de 3º de EP (Probas que avalian o rendemento do alumnado nas competencias lingüísticas e matemáticas dunha maneira estándar a nivel estatal/autonómico).
Achegamos Galería fotográfica feita polo ANPA co gallo da Maratón das Letras Galegas.
P.D.: Ao longo da semana neste mesmo enlace iránse engadindo máis fotografías.
Lembramos ás familias que este Xoves 17 é festivo, Letras Galegas, e que o vindeiro Venres 18 temos:
Un saúdo.
Mañá Mércores 16 de Maio o centro abrirá ás 13:40 e venderemos unha edición moi limitada das nosas estrelas solidarias...só 50 unidades...vaste quedar sen estrela?
Que son as Estrelas Solidarias? Ver info en: http://estrelassolidarias.ceipdelaredo.com