O Club de Lectura Antaruxas de alumnado e familias de 3º a 6º de Educación Primaria inicia as súas actividades do segundo trimestre.
Comezará coa lectura da novela A xeira das froitas da escritora María Reimóndez, coa que se celebrará un encontro virtual o 10 de febreiro.
As sesións do club continuarán sendo os mércores, entre as 16:30 e 17:30 horas, no espazo do club en Google Meet. Formado por 15 familias, na actualidade hai cinco prazas dispoñibles. Durante os meses de febreiro e marzo leremos un cómic e un libro de poemas.
Se tes interese en participar, escribe a clublectura@ceipdelaredo.com.
Divírtete e aprende compartindo lecturas