18/03 |
O sábado día 21 é o Dia Mundial da Poesía. Seguro que non tes lido moita poesía, así que estes días son perfectos para achegarse e descubrir a súa maxia e a súa beleza.
Mergúllate nestes enlaces e atoparás propostas do máis variadas:
CORONARETO nº 3
Ola a todas e a todos! O sábado día 21 é o Día Mundial da Poesía e queremos convidarvos a unir as nosas voces nestes días de confinamento.
Propoñémosvos unha actividade poética conxunta: POESÍA EN FAMILIA Cada un e cada unha de vos escollerá unha poesía, a que máis lle guste ou lle divirta pero tentade ser orixinais. Despois, con axuda de toda a familia, teredes que recitala e gravar un vídeo.
Podedes botar man da vosa creatividade e preparar a escenografía, a música de fondo, o vestiario... a imaxinación é o límite. Enviade o vídeo ao enderezo da biblioteca, biblio@ceipdelaredo.com. Nos iremos subíndoos á páxina para que nos vexamos uns a outras.
Así, entre todas e entre todos berraremos ben alto para escoitármonos dende a distancia. Animádevos….
Agardamos as vosas poesías...seguro que será do máis divertido.