RECOMENDACIÓNS DE AUTISMO ESPAÑA E CERMI FRONTE AO COVID-19
Dada a gran dificultade que pode supor para o noso alumnado TEA e as súas familias o confinamento obrigado polo Estado de Alarma en base o Covid-19, dende Autismo España e o CERMI informan de que pese o risco que supón esta situación, e naqueles casos nos que as familias se vexan na necesidade de saír, recoméndase que vaian acompañados da seguinte documentación:
- Certificado oficial de recoñecemento de Discapacidade
- Prescrición de un/a profesional sanitario o social.
- Copia da Instrución de 19 de marzo de 2020, do Ministerio de Sanidade, pola que se establecen criterios interpretativos para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
- Informes médicos, psicolóxicos ou sociais complementarios nos que se describan as necesidades individuais e/ou a existencia de dificultades conductuais. No caso de dispor deles