Biblioteca

Obradoiro de italiano

Os Trasnos puideron gozar dun obradoiro de italiano coñecendo a figura de Alda Merini. Os seus poemas cheos de sentimento axudaron a coñecer a esta poetisa italiana ao tempo que coñeceron Milán e degustaron un calzone ben rico.

 

Trasnos medianos e trasniños puideron escoitar o conto "Ancora niente" que rápidamente comprenderon xa que estaban mega atentos e atentas. Puideron degustar un calzone de prosciuto e mozzarela.

As aulas de 1º e 2º gozaron de 2 contos: Leone Kandinga e Ancora niente. Estiveron entusiasmados e entusiasmadas. O que máis lles gustou foi untar a nutella cos pauciños de pan. 

Formigas. Misión Rosalía

Os Trasnos medianos, realizaron a súa última reunión de club de lectura do curso, realizando unha pequena parte do Camiño de Santiago que pasa por Matamá. Fixeron a súa merendola lectora sobre o libro "Formigas. Misión Rosalía", e a coninuación, selaron a súa credencial nos diferentes establecementos que hai na parroquia.

Recomendan o libro, gustoulles moito!!!!

A pinga de auga

Os Trasniños medianos leron no club de lectura un cómic titulado "A pinga de auga" que resultou do máis interesante!!!

Sementeira

A cooperativa "Os libros molan", do noso club de lectura, tivo a súa feira máis importante na "Sementeira" que se celebra na parroquia de Matamá. Alí puideron expoñer os produtos que deseñaron e elaboraron ao longo do curso. Todo o seu esforzo tivo unha fermosa recompensa. Traballaron moitísimo e puideron gozar dunhas actividades moi interesantes como foron as actividades realizadas no Real Club de Yates de Baiona, e todas as actividades feitas en "Donde viven los cuentos", co conto "El viaje de Matías.

Temos que agradecer a TODAS AS FAMILIAS pola implicación que tiveron axudándonos en todo o que puideron e tamén aos patrocinadores e patrocinadoras que conseguimos en Nadal para poñer en marcha as nosas cestas.

GRAZASSSSS!!!!!!!

 

 

     

Concurso de fotografía

Aquí temos as fotografías gañadoras do concurso do club de lectura sobre os seus libros favoritos. Tanto Uxía como Fátima foron moi creativas coas súas fotos. Agardamos que gocedes moitísimo do voso premio!!!!! NORABOA!!!! E grazas por participar!!!!

 

El color de tu piel

Os trasniños do club de lectura gozaron dun conto ao aire libre titulado "El color de tu piel", un fermoso conto no que tiveron a opción de reflexionar sobre as diferenzas entre as persoas e o respecto aos demais.

Unha das frases favoritas deste conto foi "¿te refieres al color de tu piel, o al color de mi piel?

23 de abril Día do Libro

No Ceip Josefa Alonso, celebramos o 23 de abril, Día o Libro, cun apadriñamento lector ao aire libre. Compartimos lecturas moi interesantes cos nenos e nenas doutras clases. Foi moi divertido coñecer outros contos e contacontos!!!!

 

Nata y chocolate invencibles

Os trasnos de 5º e 6º leron no club de lectura "Nata y chocolate" y "Nata y chocolate invencibles". Forons dúas historias incribles que recomendan ler.

 

Contacontos en árabe

Grazas á EOI de A Coruña, tivemos un contacontos en árabe!!! Aladino. Foi unha experiencia moi interesante, e ata conseguimos entender algunha palabriña!!!!

A lectura alimenta

O alumnado de 6º EP deseñou esta actividade solidaria a favor de AFAN. O intercambio de alimentos por lecturas foi moi moi recomendable e exitoso. Repetiremos!!!!

 

Distribuir contido