Dinamización e normalización da Lingua Galega

SEMANA CULTURAL

Durante a Semana Cultural o CEIP Josefa Alonso estivo cheo de música e artistas.

O luns tivemos a sorte de contar cos amigos de Sete Cuncas que nos ensinaron algúns pasos de baile galego.

O martes os alumnos de terceiro prepararon un Kamishibai sobre a vida de Luisa Villalta, autora homenaxeada no día das Letras Galegas, e un vídeo para mostrar as súas obras. Ademais os alumnos de quinto representaron unha obra de teatro musical con adaptacións do conto clásico de Carapuchiña Vermella.

O mércores puidemos disfrutar coa música da banda de Matamá, que unha vez máis quixo acompañarnos nas nosas celebracións.

Para rematar, o xoves o noso alumnado demostrou todo o seu talento na segunda edición do "Temos talento" no que houbo bailes, música, maxia e moita diversión.

collage semana cultural

25 N

Para conmemorar o 25 de novembro, este ano traballamos na escola o conto titulado: "Las tres mariposas", no que se narra a historia das irmás Mirabal e que deu orixe a dita conmemoración. Coma homenaxe a elas realizamos bolboretas, como símbolo de liberdade e porque os nenos e nenas da escola desexamos a eliminación da violencia contra as mulleres.

Ademais como este ano o PDI do centro xira arredor da música, dedicámosllo a Tina Turner, unha muller bandeira que sufriu abusos pero que tivo a forza precisa para marchar lonxe do seu acosador, denuncialo e axudar a moitas mulleres que se atopaban na mesma situación.

Collage día contra violencia xénero

MAGOSTO 2023

A celebración do Magosto na escola é un dos días máis esperados por toda a comunidade educativa, xa que contamos coa inestimable participación dos avós e avoas do alumnado. 

Queríamos agradecer especialmente aos avós que de xeito voluntario asaron as castañas e á ANPA e en especial a Miudiño, pola organización dos xogos tradicionais que fixeron as delicias de grandes e pequenos.

Magosto 23

Samaín 2023

Un ano máis gozamos dun monstruoso Samaín no CEIP Josefa Alonso!!! Que sorte temos de contar cunhas familias estupendas que chearon o cole coas súas cabazas e manualidades terroríficas e cunha ANPA máis que creativa que ambientou todo para deixalo arrepiante!!! Ademais contamos coa axuda da bruxa Iria que viu contar contos terroríficos e cos nosos alumnos de sexto que traballaron moito para deleitarnos cunha magnífica e á vez tenebrosa obra de teatro. Que ben o pasamos!!!

 

Collage Samaín

REVISTA 2022-2023

Como os tempos mandan... este ano pasámonos á revista dixital!!! Esperamos que vos guste!!!

  

 

BOCATA SOLIDARIO. COLABORACIÓN CON AMEDIS

O pasado venres 19 de maio tivo lugar o noso bocata solidario. Este ano a recadación foi para colaborar coa Asociación AMEDIS, que se encaraga de mellorar a aprendizaxe e a autonomía persoal e social das persoas con discapacidade intelectual ou outros trastornos do desenvolvemento. Foi un pracer contar con eles nun día tan especial. Agradecemos a colaboración de toda a comunidade escolar, sen todos vós isto non sería posible.

Total recadado: 1274 €

Gastos: 524 €

Doazón a AMEDIS 750 €

CALENDARIO 2022-2023

OS MAIOS

ESTROFAS DO MAIO 2023

COMO VÉN O MAIO ESTAMOS CONTENTOS

PORQUE EN MATAMÁ A FESTA FACEMOS.

POR ISO CON FLORES ÉNCHENSE OS CAMIÑOS

E CON LEDAS VOCES CANTAN PAXARIÑOS.

 

TODOS OS QUE QUEIRAN QUEDAN CONVIDADOS,

TRAIAN ALEGRÍAS, ESQUEZAN ENFADOS.

FAGAMOS UN MAIO ENTRE TODOS XUNTOS

CON FLORES, CON FROITAS, OVOS E FIÚNCHOS.

 

CANDO CHEGA O MAIO, É TEMPO DE AMORES, 

DE VESTIR DE BRANCO, DE CANTARLLE ÁS FLORES.

DE MIRAR AO CEDO, TAN AZUL E CLARO,

DE DICIRLLE A TODOS O LEDOS QUE ESTAMOS.

 

ARREDOR DO MAIO ESTAMOS REUNIDOS

UNHA GRAN FAMILIA, TODOS SON AMIGOS.

CHEIRA A PRIMAVERA, A XAZMÍN FLORIDO,

GALICIA ESPERTA, TODO É COLORIDO.

 

A ESTA CANCIONCIÑA XA LLE QUEDA POUCO,

SEXAN MOI FELICES, E PARA O ANO OUTRO.

FORA AS COUSAS MALAS, FORA A TRISTURA, 

VEÑAN ALEGRÍAS QUE A ALMA CURAN.

OS MAIOS

Que ben o pasamos o día dos Maios!!!

Este ano para cambiar un pouco, en vez de facer o tradicional Maio decidimos facer entre todos unha alfombra floral. Grazas á colaboración das familias traendo unha chea de flores e area, todos os nenos do cole colaboraron e fixeron xuntos a preciosa alfombra que podedes ver no vídeo.

Ademais Raquel, a mestra de música, creou para todos nós unhas coplas especiais, modificando a letra orixinal para que foran cantadas polos nenos de Matamá. Esperamos que vos guste tanto como a nós!

 

Día de Rosalía 2023

O pasado 23 de febreiro celebrouse o día de Rosalía e no cole, coma todos os anos, estivemos traballando a figura desta gran escritora. Os nenos e nenas déixanvos este vídeo recitando poemas de Rosalía, esperamos que vos gusten.

 

Distribuir contido