ANPA

PROXECTO ALIMENTACIÓN

 

Dende o ANPA e o profesorado do centro queremos compartir con todos os membros da comunidade educativa o proxecto de alimentación que levamos a cabo durante todo o ano escolar no noso cole.

 

En colaboración co centro, levamos a cabo diversas actividades co obxectivo de concienciar sobre a importancia dunha alimentación saudable e equilibrada. E agora, queremos compartir con todos vos os documentos descargables das actividades realizadas, para que poidades coñecer en detalle todo o que fixemos.

Este proxecto busca fomentar hábitos alimentarios saudables tanto no ámbito escolar como no ámbito familiar. Por iso, deixamos aquí algúns consellos, receitas e xogos para realizar en familia.

Esperamos que esta información sexa de utilidade para todos e todas, e que poidades poñela en práctica na vosa vida diaria.

Xuntos, podemos conseguir unha alimentación máis saudable para toda a comunidade educativa!

Para descargar os documentos premer onde di adxunto

HIXIENE E COIDADO DO CORPO

Dende a educación debemos de fortalecer e promover factores protectores de saúde, entre eles a hixiene e os hábitos saudables, desde un enfoque de calidade de vida, dereitos e participación.

         A hixiene persoal e da contorna vai moito máis alá das meras prácticas de aseo. É un dos compoñentes fundamentais dun estilo de vida saudable e atópase relacionada con outros temas como a alimentación, o exercicio físico e a saúde mental. En consecuencia, a aprendizaxe de hábitos de hixiene e coidados persoais cumpren funcións importantes na formación integral das persoas:

  Mellorar a saúde e o benestar do individuo e a comunidade.

  Previr a aparición e desenvolvemento de enfermidades.

  Facilitar as relacións interpersoais.

  Contribuír á formación dunha imaxe positiva de si mesmos.

 

Deixamos á vosa disposición toda a documentación traballada co alumnado no centro para que sigades reforzando estes hábitos tan importantes dende casa.

Para descargar os documentos premer onde di adxunto

Axudas municipais escolares de libros e material escolar 2021-2022

Últimos documentos da ANPA

Adxuntamos os últimos documentos da ANPA:

Circular sobre a Escola de pais.

Circular convocatoria da asamblea do 28 de novembro

Ficha de socio - cota da ANPA

Escola de familias MARTES 26 DE NOVEMBRO

25/11/2019
Atlantic/Bermuda

MARTES 26 DE NOVEMBRO DE 18:00-20:00H

'nunca_cegueiras_para_sempre':

detección de indicadores de violencia sexual e psicolóxica nas relacións afectivo-sexuais

 

 

 

 

Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

Secretaría Xeral da Igualdade

 

Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

SEMANA CULTURAL

Proximamente imos celebrar na escola, coa inestimable colaboración da ANPA Lameira, a Semana Cultural como anticipo ao día das Letras Galegas, este ano adicado a Antón Fraguas, na que contaremos con diversos obradoiros que se levarán a cabo entre o 13 e o 16 de Maio.

Ademáis e como é habitual realizarase unha exposición, organizada pola ANPA, dos traballos feitos polas familias.

Podedes consultar as bases no arquivo adxunto.

Distribuir contido