Normativa de referencia: Resolución de 20/04/2023, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2023-24
- As familias cubrirán exclusivamente as solicitudes vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.
- As familias presentarán a solicitude no centro dende o 8 de maio ata o 20 de setembro inclusive.
- Este curso hai unha novidade importante: todas as familias, independente do nivel de renda, poderán solicitar o subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización de o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, que ten unha cantidade fixa de 400 €, que poderá ser percibido por todos os solicitantes e que será compatible co resto de axudas e subsidios regulados na convocatoria.
- Os solicitantes deben cumprir algún dos seguintes requisitos:
- Discapacidade: acreditada cun certificado igual ou superior ao 33%.
- TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade) asociado a trastorno grave de conduta ou a discapacidade.
- TEA (Trastorno do Espectro Autista) que requira apoios ou atencións educativas específicas: é necesario aportar certificado médico expedido polos servizos de saúde sostidos con fondos públicos.
- Alumnado con trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociado a necesidades educativas especiais.
- Alumnado con Trastorno grave de conduta asociado a necesidades educativas especiais.
- Altas capacidades: acreditado mediante avaliación psicopedagóxica do Departamento de Orientación do centro ou do Equipo de Orientación Específica.
- Segundo as instrución do servizo de Inspección educativa NON teñen dereito a bolsa: dislexia, discalculia e dificultades na expresión escrita.