As nosas actividades e saídas

Kairos

Grazas a Tania, da escola de música Kairos, experimentamos uns contiños musicados requetechulos. Un deles foi "O monstro de cores". Con material sensorial, Tania fíxonos sentir as mesmas emocións ca o monstro!!!

 

O óboe

O alumnado de 2º EP, contou cunha concertista moi especial, IRIA!!! Tróuxonos o seu óboe e contounos as partes que ten, o material do que está feito... Tamén deleitounos cunha peza musical de Beethoven. 

GRAZAS, IRIA!!!

Concerto O Lecer

O alumnado de 5º EP e unha familia de 2º EP, ofreceron un concerto moi especial para os residentes de O Lecer. O alumnado de 5º representou o musical de O mago de Oz que encheu de ledicia os corazóns de residentes e acompañantes. Foi unha delicia ver as caras de emoción que amosaban!!! Ana e Daniel agasalláronnos cunha obras para piano a 4 mans que sorprendeu ao prezado público. Tamén as obras cantadas que foron do máis divertidas!!!

GRAZAS POR CONTAR CON NÓS PARA ESTAS ACTIVIDADES INTERXERACIONAIS!!!

Concerto de piano

As aulas de 1º EP e 2º EP, puidemos gozar dun concerto de piano da man de Ana Goberna. Estiveron entusiasmados coa música tan fermosa que nos tocou de Beethoven e Debussy. GRAZAS ANA!!

Concurso de debuxo: Xeoparque Illas Cíes. O paraíso de todos.

Como este cole está cheo de artistas, tivemos a sorte de ter 2 gañadores do Concurso de Faro de Vigo "Xeoparque Illas Cíes. O paraíso de todos". Tanto Cleo como André fixeron uns debuxos espectaculares e ben merecedores do premio. NORABOA RAPACES!!!!!

ENTROIDO 2024

O pasado venres 9 de febreiro e a pesares das inclemencias do tempo, festexamos o festival de Entroido da escola, grazas á inestimable axuda da ANPA, á asociación cultural de Matamá que nos prestou a carpa para lucirnos coas actuacións, ás familias en xeral, a todo o profesorado e como non, aos verdadeiros protagonistas: as nenas e nenos da escola, que coa súa ilusión e ganas, fan que todo sexa posible.

E se chove... Que chova!

   

Plantamos

O alumnado de 2º EP estivo na horta escolar facendo plantación de sementes de cyclamen e plantas ornamentais. Tamén observaron os pementos que naceron e algunhas curiosidades de plantas que non coñecían.

Visita ao Concello

O pasado xoves o alumnado de 4º, 5º e 6º fixo unha saída para visitar o Concello de Vigo. Alí aprendemos un montón de cousas e puidemos visitar moitas das súas dependencias: a sala de plenos, a sala de prensa, os laboratorios, a sala de control de tráfico e tamén a Escola Municipal de Danza. Nesta última foron os nosos alumnos os que sorprenderon aos traballadores que alí se atopaban demostrando que en Matamá aínda queda moita tradición musical e unha canteira estupenda de pandereteiros, tamborileiros, gaiteiros, bailaríns... e o que faga falta!

Vivimos un momento moi especial, xa que o alcalde da nosa cidade, Abel Caballero, quixo pasar un tempo falando con nós e claro... nós aproveitamos para deixarlle unha cartiñas que fixemos nas aulas contándolle como se atopa o noso cole e o noso barrio. A ver se temos sorte e fai caso ás nosas peticións. Viva Vigo!

 

Visita ao Concello

DÍA DA PAZ 2024

A temática da Paz é algo recorrente no día a día das nosas aulas, pero o día 30 de xaneiro sempre sacamos un oquiño para celebralo todos xuntos nun pequeno acto. Nesta ocasión o alumnado de sexto de primaria preparou un precioso manifesto pola PAZ que escoitamos todos xuntos e a continuación todos bailamos a canción "Mi mochila es de la Paz" que preparamos nos días anteriores nas aulas. Un pequeno acto pero cheo de simbolismo.

 

Celebración día da Paz

FESTIVAL DE NADAL

E o trimestre non podía rematar sen o noso festival de Nadal. Todos os nenos e nenas do Josefa Alonso traballaron e ensaiaron dabondo para levar a cabo unhas magníficas actuacións: bailes, cancións, teatro... Todo iso nun escenario decorado cos adornos que eles mesmos fixeron na casa, así como a preciosa decoración coa que xa nos ten acostumados a nosa ANPA. E despois de actuar e de que nos pasasen os nervios do directo celebrámolo cunha merendola navideña conxunta cos doces que o alumnado trouxo da casa. Pero as sorpresas non acababan ahí... non podía faltar a visita dos Reis Magos!! Ademais este ano quixemos instaurar unha nova tradición e ata tivemos as 12 badaladas para comer as uvas (ou lacasitos, ou conguitos, ou pipas...) e celebrar así a entrada do novo ano... so esperamos que polo menos sexa tan bo coma este!!!

Moitas grazas a toda a comunidade educativa do CEIP Josefa Alonso por facelo posible.

 

Distribuir contido