O pasado venres 9 de febreiro e a pesares das inclemencias do tempo, festexamos o festival de Entroido da escola, grazas á inestimable axuda da ANPA, á asociación cultural de Matamá que nos prestou a carpa para lucirnos coas actuacións, ás familias en xeral, a todo o profesorado e como non, aos verdadeiros protagonistas: as nenas e nenos da escola, que coa súa ilusión e ganas, fan que todo sexa posible. E se chove... Que chova!
|
|||