Visita ao Concello

O pasado xoves o alumnado de 4º, 5º e 6º fixo unha saída para visitar o Concello de Vigo. Alí aprendemos un montón de cousas e puidemos visitar moitas das súas dependencias: a sala de plenos, a sala de prensa, os laboratorios, a sala de control de tráfico e tamén a Escola Municipal de Danza. Nesta última foron os nosos alumnos os que sorprenderon aos traballadores que alí se atopaban demostrando que en Matamá aínda queda moita tradición musical e unha canteira estupenda de pandereteiros, tamborileiros, gaiteiros, bailaríns... e o que faga falta!

Vivimos un momento moi especial, xa que o alcalde da nosa cidade, Abel Caballero, quixo pasar un tempo falando con nós e claro... nós aproveitamos para deixarlle unha cartiñas que fixemos nas aulas contándolle como se atopa o noso cole e o noso barrio. A ver se temos sorte e fai caso ás nosas peticións. Viva Vigo!

 

Visita ao Concello