O alumnado de 4º EP tivo a sorte de poder coñecer un pouco máis do Camiño de Santiago que lles pasa pola parroquia grazas aos mestres Luís e Javier e grazas ás familias que colaboraron enormemente na achega de información, traducións... Tamén queremos agradecer ao Colegio Hogar por participar na impresión das placas cos códigos QR que achegan moita información en varias linguas sobre os monumentos máis importantes de Matamá polos que pasa o camiño (Muíño da Regueira, Capela de San Amaro, Igrexa de San Pedro). As nosas investigacións foron traducidas a galego, portugués, alemán, italiano, inglés e francés. Agardamos que os peregrinos desta vez teñan a información suficiente sobre o lugar polo que están a pasar na parroquia de Matamá. Tamén queremos agradecer a Quini pola axuda na colocación das placas da Igrexa e da capela e a Marcos e Ventura polas facilidades que nos puxeron para a colocación da placa no Muíño da Regueira e a morea de valiosa información sobre o mesmo. Tamén ao Peregrino Abelino por amosarnos todas as cousas que entraña facer o Camiño, mochila, hospedaxe, rutas, amizades, xenerosidade... Foi unha experiencia moi enriquecedora que queremos compartir con toda a comunidade educativa e parroquia de Matamá e animámosvos a que escaneedes os códigos QR e leades a información traballada.
|
|||