HIXIENE E COIDADO DO CORPO

Dende a educación debemos de fortalecer e promover factores protectores de saúde, entre eles a hixiene e os hábitos saudables, desde un enfoque de calidade de vida, dereitos e participación.

         A hixiene persoal e da contorna vai moito máis alá das meras prácticas de aseo. É un dos compoñentes fundamentais dun estilo de vida saudable e atópase relacionada con outros temas como a alimentación, o exercicio físico e a saúde mental. En consecuencia, a aprendizaxe de hábitos de hixiene e coidados persoais cumpren funcións importantes na formación integral das persoas:

  Mellorar a saúde e o benestar do individuo e a comunidade.

  Previr a aparición e desenvolvemento de enfermidades.

  Facilitar as relacións interpersoais.

  Contribuír á formación dunha imaxe positiva de si mesmos.

 

Deixamos á vosa disposición toda a documentación traballada co alumnado no centro para que sigades reforzando estes hábitos tan importantes dende casa.

Para descargar os documentos premer onde di adxunto

AdxuntoTamaño
a Guia proxecto hixiene.pdf1.14 MB
6epo-comp7.pdf1.25 MB
a el_nino_que_queria_ser_jardinero_en_pictogramas.pdf1.29 MB
a cuadernillo de actividades modif.pdf4.16 MB