O entroido é moi divertido, todos os nenos e nenas disfrázanse do que queiran; pero no colexio cada curso elixe disfrazarse dos protagonistas dun conto ou dun capítulo de cómic. Pero seguindo as ordes do meco o xoves podiamos vir disfrazados do que quixéramos, e o mesmo xoves no colexio baixamos todos os cursos e ensaiamos o desfile, facía moita calor pero encantoume Séfora 5º
Comezamos o entroido coas ordes do meco;
o luns tivemos que vir con lentes, o martes como era San Valentín tivemos que vir de vermello, o mércores tivemos que vir de diferente peiteado, o xoves tivemos que vir con todo ou como quixeramos o venres todos os cursos fixemos actuación ; os de infantil foron de pitufos os de primeiro de Lucky Luke os de segundo de los irmáns Dalton os de terceiro de Popeye os de cuarto de Tintín os de quinto de Pica Pedra os de sexto de Astérix e Ovélix ao final cantamos a canción da paz e bailamos toda a maña. Eduardo 5º
Na semana do entroido tivemos que obedecer ao meco, foi divertido,
o luns tivemos que vir cunhas lentes, o martes tivemos que vir de vermello, o mércores cun peiteado especial, o xoves con todo ou cun disfrace, e o venres co disfrace de cómic.
Os de infantil foron dos Pitufos, os de primeiro e segundo foron de Lucky luke, os de terceiro foron de Popeye, os de cuarto foron de Tin Tín, nos os de quinto fomos dos Picapedra, os de sexto foron de Astérix e Ovélix, e despois das actuacións invitáronnos a cantar o “ai se eu te pego” e bailamos toda a mañá. José Luis 5º |
|||