Este curso a nosa SEMANA CULTURAL estivo chea de sorpresas e bos momentos que tiñamos moitas ganas de compartir todos xuntos. Tivemos a sorte de recibir a visita de grandes autores como Alicia Borrás e Antonio García Teijeiro. Ademais, aproveitando que este ano a homenaxeada no día das Letras Galegas foi Xela Arias, puidemos contar coa presenza do escritor e profesor Anxo Xoán Rajó Pazó, que nos achegou máis á vida e obra da autora. Para rematar, grazas ao noso veciño Ventura, puidemos facer unha pequena saída ao muíño da Regueira e coñecer de primeira man o seu funcionamento. |
|||