A pesar das circunstancias este ano tiñamos claro que non queríamos quedar sen Magosto, así que con todas as precaucións e as medidas necesarias, así como con toda a ilusión de compartir xuntos este día, vivimos un ratiño moi especial. Moitísimas grazas aos nosos castañeiros Ana e Lisardo, que un ano máis puxéronse mans á obra para asar unhas riquísimas castañas. Por suposto acordámonos moito dos nosos avós e avoas, xa que esta é a súa festa. Pero o próximo ano seguro que o celebraremos de novo todos xuntos e con moitas máis ganas!
|
|||