A cuarentena polo COVID-19 trastocou moitos plans. Fixo que nos désemos conta da importancia de cousas que non valoramos habitualmente como a saúde ou o tempo para nós; pero tamén do imprescindible que é o poder abrazar, bicar, sentir, estar cos nosos seres queridos. No Josefa Alonso non nos cabía na cabeza que o noso alumnado de 6º EP marchase para o instituto sen facer algo especial. Non podía ser a típica graduación a que estamos acostumados (que queda pendente para setembro) así que a mestra Alma puxo en marcha a este EQUIPO que formamos xunt@s. Todo empezou cunha carta que chegou aos buzóns dos nenos e das nenas. Unha carta con todo o cariño d@s seus mestr@s que podedes ler aquí:
O xoves 25 de xuño, Alma quedou co seu grupo para despedirse. O que non sabían era o que lles tiñamos preparado.
A artista que temos coma mestra de música, Raquel, púxolle letra e música a todas as emocións e sentimentos que non se poden expresar só con palabras. -En breve poderedes ver o vídeo- Como xa dixemos foron moitas cousas as que quedaron pendentes. Unha delas, a entrega do diñeiro recaudado para DISCAMINO coa nosa MERENDA SOLIDARIA.
Aínda que, se a situación o permite, visitarán o noso centro o vindeiro curso, este grupo marcha para o instituto. Por iso, puxémonos en contacto coa Asociación para poder darlles a sorpresa de que os coñecesen e así puidesen ser partícipes da entrega simbólica do cheque cos cartos da doazón.
Neste enlace podedes ler o que sentiron el@s: https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=10222732349967975&id=1551220066
Por último, deixámosvos unhas fotos deles, dos e das protagonistas. Foi unha graduación atípica, coma este curso, sen bicos, sen abrazos (por moito que nolos pedira o corpo) pero sen dúbida, inesquecible. -En breve poderedes ver o vídeo- Derek, Lucas, Roi, Valeria, Carla, Icía, Vitor e Noel… Carmen, Blas, Ainhoa e Anxo, Raúl, Dani, Yanira e Manuel… Sodes parte deste cole, levarémosvos no corazón. Só nos queda desexarvos sorte, que vos pase de todo o mellor!
|
|||||||||