O pasado mércores día 17 de novembro celebramos o magosto do Centro, non foi onde tiñamos pensado nun principio xa que as condicións climatolóxicas non eran as mellores para saír ao merendeiro, e decidiuse celebralo dentro do recinto escolar. As dúas primeiras horas foron de horario lectivo normal, coma calquera día da semana, pero a partires das 11:00 da mañá empezamos a baixar ao patio para tomar as merendas e as castañas. Xa que non tiñamos a opción de facer lume dentro do Centro, a este achegouse unha persoa encargada de facelas, un verdadeiro castañeiro que dende as 9 da mañá estivo ao pé do lume para poder degustar as súas deliciosas castañas. Tivemos uns momentos nos que nos dedicamos a comer castañas e merendas, que para algúns pouco durou e para outros demasiado porque non era algo que lles gustara. Despois de ter o bandullo con algo de comida organizáronse diversos xogos que tiñan como elemento común a castaña, que para iso era o seu día, distribuídos en 9 estacións (zonas de xogo), unha por cada curso do Centro. En cada estación había un mestre que lles explicaba e dirixía o xogo e cada certo tempo tiñamos que cambiar de estación. Ao rematar procuramos recoller todo tratando de deixalo o máis limpo posible. E así foi o noso día de magosto no Centro.
|
|||