CONVIVENCIA NAS ILLAS CIES

O Martes 11 de Xuño o alumnado e o profesorado da escola desfrutamos da convivencia anual para despedir o curso.

Este ano o destino levounos ás Illas Cíes. Tras a travesía en barco realizáronse diversas rutas, despois xantamos todos xuntos e pola tarde divertímonos cos xogos organizados polo equipo de actividades complementarias e extraescolares.

E para que poidades ver o ben que o pasamos, a mestra Sonia, realizou este fermoso vídeo cos mellores momentos da xornada. 

Agardamos que vos guste!