A parroquia de San Pedro de Matamá esténdese ao longo de 4,67 quilómetros cadrados en suave pendente ata a beira do Lagares. Limita coas parroquias de Beade, Castrelos, Coia, Comesaña e Valadares, e pertence ao arciprestado de Vigo-Santo Andrés. A parroquia conta con un importante patrimonio arqueolóxico con restos da Idade de Bronce. Posúe mostras de arte rupestre no Monte Fabal, no barrio de Mó, en Gáspara, nas Tomadas e nos Sobreiros. Ademais, Matamá posúe dous dos vintecatro poboados castrexos localizados en Vigo.Na zona abundan as fontes e os lavadoiros e, nos barrios de Balsa e das Carneiras, hai varios muíños de auga. O cemiterio alberga o único cruceiro de Matamá, construído no 1691. Na Zona Franca está situada a fábrica de PSA-Citroën. Non obstante, non se pode falar dunha entidade parroquial ata o século XIV, pertencendo os primeiros libros parroquiais conservados ao ano 1632. A igrexa parroquial de San Pedro é de estilo neoclásico, construída a finais do século XVIII e dispón dun retablo que anteriormente pertencera á colexiata de Santa María. O número de habitantes rexistrado no último censo é de 4.275 (2003).Ten 24 entidades de poboación: Balsa, Balvís, A Barxa, Beirán, Campos, A Carapucha, Las Carneiras, El Castro, A Devesa, La Igrexa, A Lagarella, A Mó, La Outeiro, Parada, El Pazo, Pereiró, La Revolta, Ribás, Ribelas, El Ropero, Sabarís, San Mauro, Vilar e Zona Franca. O desenvolvemento demográfico da parroquia é inseparable do crecemento económico da década dos 60 do século pasado, en especial, da instalación da Factoría Citröen na zona. As actividades socio-culturais organízanse en torno á asociación de veciños A Unión e a sociedade cultural e deportiva Atlántida.
|
|||