As nosas actividades e saídas |
Esta é a pegada que deixaron no centro os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria. Grazas polo voso traballo e polo paso por este cole e grazas as mestras que vos inculcaron valores de solidariedade, tolerancia e diversidade. Moi boa sorte a todos!
|
|||
E para rematar o curso non temos mellor forma que pechar co vídeo da graduación dos alumnos e alumnas de 6º de E.I. e de 6º de E.P. Felices vacacións! |
|||
O Martes 11 de Xuño o alumnado e o profesorado da escola desfrutamos da convivencia anual para despedir o curso. Este ano o destino levounos ás Illas Cíes. Tras a travesía en barco realizáronse diversas rutas, despois xantamos todos xuntos e pola tarde divertímonos cos xogos organizados polo equipo de actividades complementarias e extraescolares. E para que poidades ver o ben que o pasamos, a mestra Sonia, realizou este fermoso vídeo cos mellores momentos da xornada. Agardamos que vos guste! |
|||
O alumnado de 2º E.P. gravou uns consellos medioambientais para compartir con vós. Mirade que interesantes!!!!!
|
|||
Onte os alumnos e alumnas de 6º de E.I e 1º, 2º e 4º de E.P. fixeron de arquitectos e construtores ao facer realidade unha edificación moi especial... un hotel para bichos! E temos que dicir que grazas a eles os insectos do contorno contan agora cunha zona de descanso e relax de cinco antenas en pleno centro de Matamá.
|
|||
Temos 2 vídeo recomendacións que de seguro vos van encantar!!!! Alba e Carmen anímanvos a ler este libriños tan interesantes!!! E lembrade: podedes gravar as vosas recomendacións nos patios da biblio. Animádevos!!!!!
|
|||
Os nenos e nenas de 1º aprenderon unhas adiviñas de animais que vos convidan a escoitar. A ver cantas sabedes!!!!
|
|||
O alumnado de 1º presentan "Unha bruxa despistada" de Antonio García Tejeiro.
|
|||
Un ano máis, varios cursos do noso centro participaron no Correlingua. Deixámosvos un resumo do ben que o pasaron mentres reivindicaban a importancia da lingua galega e da nosa cultura.
|
|||
Este luns tivemos o derradeiro obradoiro de patio. Cos contos "El pez Arcoiris", "Gran enciclopedia de los océanos" e "El mar", fixemos un mural con forro de pegar e papeis de seda e pinocho que quedou chulísimo!!!! Xa cheira a verán na biblioteca de Leonarda!!!! GRAZAS A TODOS E TODAS OS PARTICIPANTES DOS OBRADOIROS!!!!!
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »