Biblioteca |
Para conmemorar o 25 de novembro, dende a biblioteca propuxemos unha actividade de reflexión co alumnado de infantil e primaria deixando a súa pegada nuns carteis moi chulos que colgaron ás portas do colexio. Nestes carteis se poden ler diferentes frases e palabras, extraídas dalgúns libros traballados previamente nas aulas, e outras de inspiración propia referidos á violencia de xénero.
|
|||
|
|||
Xa temos a próxima lectura entre as mans, agardamos que vos enganchedes tanto como os trasniños de 5º EP. Agardamos esas merendas ricas ricas inspiradas nesta lectura!!!!
|
|||
Trasnos e trasniños, gozaron das primeiras lecturas "O país da choiva" e "En el corazón del bosque". Para compartir as súas opinións sobre os libros fixeron unhas merendas deliciosas!!!! MOITAS GRAZAS!!!!
|
|||
O alumando de 4º EP, tivo a sorte de facer un obradoiro de costura coa colaboración de Mary. Todo xurdiu dende o "Libro das avoas" que dende a biblioteca recomendamos a todos e todas!!!! Elaboraron unhas estreliñas de tea, para adornar a árbore de Nadal das persoas tan especiais que van visitar no vindeiro mes...
|
|||
|
|||
Mirade como gozan das lecturas os nenos de 3 aniños!!!! |
|||
Trasnos e trasniños!!!! Xa temos data para a seguinte reunión do club de lectura!!!! Non esquezades os recados que vos deixou Josefina!!! Agardamos esas merendas e as vosas opinións sobre as primeiras lecturas deste ano. Vémonos a vindeira semana!!! |
|||
Polo día das bibliotecas escolares, os axudates e as axudantes de biblio fixeron unha fermosa labor. Levaron a cada aula as mochilas viaxeiras coas que cada discente poderá gozar de animadas lecturas e material audiovisual durante aproximadamente 15 días. Foi toda unha sorpresa esta presentación!!!! Agardemos que gocedes moito das lecturas das mochilas viaxeiras!!!!
|
|||
Deixámosvos unhas lecturiñas que meten medo!!!! |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »