Biblioteca

Reunión do club de lectura

Trasnos e trasniños gozaron dunha nova reunión chea de frases, comentarios, e merendas moi enriquecedoras!! Xa teñen nas mans o próximo libro!!!! Agardamos que o lean con tanto agarimo coma sempre!!!

 

Día do Libro

O 23 de abril celebrouse o Día Mundial do Libro, polo que dende o equipo de biblioteca, queremos compartir con todos e todas os contos tan fermosos que contaron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º EP ao resto do cole. Ademais fixemos un concurso de cómic que vos vai sorprender!!!!

CONCURSO CLUB DE LECTURA

O alumnado do club de lectura participou nun concurso moi creativo. Elixiron unha frase dun dos libros que coñecimos no club e ilustrárono de xeito moi pero que moi chulo!!!!

Xa temos gañadora, Jimena, NORABOA!!!!!

Para Elisa: concerto de Jimena

Hoxe tivemos un obradoiro moi especial!!!! Na nosa biblioteca teñen cabida todas as actividades culturais!!! Jimena deleitounos cunha peza moi coñecida do compositor Ludwig van Beethoven. Se queredes coñecer máis sobre a vida deste compositor, podedes ler a súa biografía adaptada.

Agardamos que vos guste moito este concertazo!!!!

 

ENTREVISTAS A DEPORTISTAS IMPORTANTES

Obradoiro de relaxación

Trasnos e trasniños, gozaron dun obradoiro de relaxación a partir do libro "Imaginaciones". Puideron mergullarse nas profundidades do mar dentro dunha pompa de aire e conectar a súa respiración cos seus pensamentos. Foi moi moi relaxante e quedaron con ganas de máis!!!!

 

 

As Meninas

O alumnado de 4º EP realizou unha actividade de ed. artística baseada no libro "Las Meninas", a partir do cal coñeceron a figura de Velázquez e todos os segredos do seu famoso cuadro. Ademais coñeceron a Romero Britto, un artista pop art que serviu de inspiración para dar cor ás súas Meninas.

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL SOBRE A CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

LEGO

O noso alumnado xa puido empezar a gozar da nova parede Lego!!!! Xa fixeron as súas primeiras construcións!!! Non teñen nada que envidiar aos grandes arquitectos!!!!!

Club de lectura

Trasnos e trasniños reuníronse para falar das súas lecturas. Nesta ocasión os trasnos de 4º e 6º EP falaron do libro "Alma de elefante" e recibiron uns sobre especiais... "O carteiro de Bagdad".

Os trasnos de 5º EP, compartiron merenda e opinións sobre o libro "O carteiro de Bagdad" e recibiron un libro moi especial que estaba na nosa "lagoa" particular "A lagoa das nenas mudas".

 

Distribuir contido