As nosas actividades e saídas

VISITA AO MUSEO DO MAR

VISITA AO MUSEO DO MAR

MAGOSTO

O pasado venres día 12 festexamos o Magosto e queremos compartir convosco unha mostra de todo o que vivimos nesa marabillosa xornada, na que contamos coa colaboración especial da ANPA coa preparación e dinamización das actividades. 

 

Tesouros baixo a terra!

Samaín

Nestas terroríficas datas, no Ceip Josefa Alonso tivemos unha morea de actividades!!! Mirade que cabazas tan chulas!! Coa bruxa bebemos unha queimada multicolor que nos converteu nos monstros máis monstruosos!!!!

SAÍDA FIN DE CURSO. MARUXENTO

 O luns 14 xuntámonos para despedir o curso no monte Maruxento. Tivemos a sorte de contar coa presenza de Sete Cuncas e de César "Cé Orquestra Pantasma". Aquí tedes a mostra do ben que o pasamos!!!

 

 

 

Semana Cultural

Este curso a nosa SEMANA CULTURAL estivo chea de sorpresas e bos momentos que tiñamos moitas ganas de compartir todos xuntos. Tivemos a sorte de recibir a visita de grandes autores como Alicia Borrás e Antonio García Teijeiro. Ademais, aproveitando que este ano a homenaxeada no día das Letras Galegas foi Xela Arias, puidemos contar coa presenza do escritor e profesor Anxo Xoán Rajó Pazó, que nos achegou máis á vida e obra da autora. Para rematar, grazas ao noso veciño Ventura, puidemos facer unha pequena saída ao muíño da Regueira e coñecer de primeira man o seu funcionamento.

Día non lectivo

Lembramos que o vindeiro 18 de maio é non lectivo!!!

Magosto 2020

A pesar das circunstancias este ano tiñamos claro que non queríamos quedar sen Magosto, así que con todas as precaucións e as medidas necesarias, así como con toda a ilusión de compartir xuntos este día, vivimos un ratiño moi especial. Moitísimas grazas aos nosos castañeiros Ana e Lisardo, que un ano máis puxéronse mans á obra para asar unhas riquísimas castañas.

Por suposto acordámonos moito dos nosos avós e avoas, xa que esta é a súa festa. Pero o próximo ano seguro que o celebraremos de novo todos xuntos e con moitas máis ganas!

 

 

1ª Graduación de 6º EP post-COVID19

 A cuarentena polo COVID-19 trastocou moitos plans. Fixo que nos désemos conta da importancia de cousas que non valoramos habitualmente como a saúde ou o tempo para nós; pero tamén do imprescindible que é o poder abrazar, bicar, sentir, estar cos nosos seres queridos.

No Josefa Alonso non nos cabía na cabeza que o noso alumnado de 6º EP marchase para o instituto sen facer algo especial. Non podía ser a típica graduación a que estamos acostumados (que queda pendente para setembro) así que a mestra Alma puxo en marcha a este EQUIPO que formamos xunt@s.

Todo empezou cunha carta que chegou aos buzóns dos nenos e das nenas. Unha carta con todo o cariño d@s seus mestr@s que podedes ler aquí:

 

 

 

O xoves 25 de xuño, Alma quedou co seu grupo para despedirse. O que non sabían era o que lles tiñamos

preparado.

 

A artista que temos coma mestra de música, Raquel, púxolle letra e música a todas as emocións e sentimentos que  non se poden expresar só con palabras.

-En breve poderedes ver o vídeo-

Como xa dixemos foron moitas cousas as que quedaron pendentes. Unha delas, a entrega do diñeiro recaudado para DISCAMINO coa nosa MERENDA SOLIDARIA.

 

Aínda que, se a situación o permite, visitarán o noso centro o vindeiro curso, este grupo marcha para o instituto. Por iso, puxémonos en contacto coa Asociación para poder darlles a sorpresa de que os coñecesen e así puidesen ser partícipes da entrega simbólica do cheque cos cartos da doazón.

   

 

Neste enlace podedes ler o que sentiron el@s: https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=10222732349967975&id=1551220066

 

Por último, deixámosvos unhas fotos deles, dos e das protagonistas. Foi unha graduación atípica, coma este curso, sen bicos, sen abrazos (por moito que nolos pedira o corpo) pero sen dúbida, inesquecible

-En breve poderedes ver o vídeo-  

Derek, Lucas, Roi, Valeria, Carla, Icía, Vitor e Noel…

Carmen, Blas, Ainhoa e Anxo, Raúl, Dani, Yanira e Manuel…

Sodes parte deste cole, levarémosvos no corazón.

Só nos queda desexarvos sorte, que vos pase de todo o mellor!

 

Distribuir contido