As nosas actividades e saídas |
O alumnado de 4º EP realizou unha plantación de leitugas grazas ao mestre Pedro. Realizaron unhas fichas técnicas co que investigaron sobre as leitugas e agora queda agardar a que crezan o suficiente para poder degustalas!!! |
|||
O alumnado de 4º EP xunto co mestre Pedro, realizou unha plantación de chícharos na horta do cole. Investigaron moitas curiosidades sobre os chícharos: o nome científico, a época de plantación, os coidados, a época de recolleita, as formas de consumilos, as porpiedades... Elaboraron unha ficha técnica sobre os mesmos e fixeron en equipo a plantación. Soamente queda agardar uns meses a que os chícharos medren para poder degustalos!!!
|
|||
Grazas a Arturo, o alumnado de 4º EP tivo a sorte de aprender moitísimas cousas sobre a procedencia dos alimentos que se consumen ultraconxelados como os "pesquiños" e os "palitos de merluza". Aprenderon a infraestructura necesaria para poder levar do mar ao supermercado todos eses produtos que forman parte de moitas casas. Coñeceron os tipos de embarcacións necesarias para pescar segundo a zona e o peixe. Tamén os lugares nos que hai fábricas de Pescanova, tipos de cultivo e coidado dalgúns peixes, conservación e precociñado... O máis importante foi a parte de degustación!!!! Puideron probar eses pesquiños que tan longo percorrido fixeron dende Namibia ata Matamá. |
|||
O pasado venres 11 de novembro, e por fin retomando as vellas costumes, celebramos na escola a festa do Magosto cuns convidados moi especiais: as avoas e os avós dos nenos e nenas da escola. Foi unha xornada marabillosa na que gozamos cos xogos tradicionais e degustamos castañas asadas. Pero por moito que vos contaramos non poderiamos explicarvos o especial que foi a mañá, así que vos convidamos a ver as fotos do vídeo... e as nosas caras de ledicia. |
|||
|
|||
O alumnado de 2º EP elaborou na clase de Arts, estas fermosas "stones" decoradas. Mirade que chulada!!!!
|
|||
O alumnado de 3º EP elaborou na clase de Arts unha cidade fermosísima elaborada con material de refugallo.
|
|||
O alumnado de 4º e 5º de E.P. gozou con tódolos sentidos, e nunca mellor dito, dos museos coruñeses do Aquarium Finisterrar e da Domus, nos que puideron poñer en práctica os coñecementos adquiridos ao longo deste curso escolar.
|
|||
O alumnado de 3º EP elaborou un mural sobre veganos/as con moitísima información de interese. Mirade que chulada!!!!
|
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »