Biblioteca |
Os trasnos medianos gozaron moitísimo do clásico "Cuentos en verso para niños perversos". Compartiron frases do libro que lles gustaron moito: "como tú de lobos sabes mucho quizá puedas dejarle sin cartuchos", "estaba dura y le sobraban huesos, pero al menos los dos muslos me han sabido buenos".
|
|||
Os trasnos do club de lectura, puidemos compartir unha nova lectura: "Abdel". Unha historia baseada en feitos reais que pon de manifesto o drama da inmigración. Recomendamos que o leades!!!!! GRAZAS POLA MERENDA TAN DELICIOSA!!!! |
|||
No club de lectura de Trasnos, Breixo contounos un pouco sobre a vida de Brahms.
|
|||
Violeta contou uns contos en francés moi divertidos!!!
|
|||
Hoxe o alumnado de 5º e 6º tivo a visita de Pablo Prado, ilustrador de "Nerea. A invasión dos trastos".
|
|||
Os Indios Pieles rosas, foron unha historia mega divertida que gozamos no tipi e con moitos datos que contou a mestra Patri que estivo nun de verdade!!!!! Os trasniños do club de lectura estaban encantados coas historias dos indios.
|
|||
Con retraso pero chegaron!!!! Xa recibimos as nosas postais dende Bremen en Alemaña, os trasniños 1 e 2 xa teñen as súas postais e fíxolles moita ilusión recibilas :) |
|||
O alumnado do club de lectura puido gozar duns contos e cancións moi chulos en xaponés da man de Álex. Estiveron atentísimos e atentísimas a todo o que nos contaba. Queremos agradecerlle que viñera e nos amosara ese kamishibai tan chulo!!!! GRAZAS ÁLEX!!! |
|||
Os trasniños medianos tiveron a grandísima sorte de entrevistar a Gonzalo Moure, autor dun dos libros máis fermosos que limos no Club de lectura "Palabras de caramelo". Aquí tedes a entrevista completa!!! Ola a todos! Encántanme as vosas preguntas, porque me van permitir dicirvos algunhas cousas sobre o que penso da literatura. E que se resume nunha: A verdade. Literatura non pode ser sinónimo de invención, entendendo esta como mentira. A imaxinación, para escribir, non é máis que unha ferramenta. Para abrir unha lata de sardiñas necesitas unha ferramenta, o abrelatas, pero o importante non é o abrelatas, senón as sardiñas E sen sardiñas non hai historia, non hai nada do que falar. Vexamos, con calma. Por que decidiches que morrese Caramelo? -Iso é o que quería dicirvos. Eu non decidín nada. Un camelo nos campamentos só pode ter dous fins: se é camela, para leite, ou para criar. Pero se é camelo o seu único destino é o sacrificio, para carne. Se no libro Caramelo non morrese, iso si que o decidiría eu, para que non lle doese aos lectores. E sería mentira. A realidade, a verdade, é que nos campamentos apenas se pode comer carne, e que non se poderían permitir non sacrificar un camelo por algo tan romántico como que fose “o amigo de Kori”.
- En que ano escribiches Palabras de caramelo? Foi en 1999. Levaba xa tres anos viaxando aos campamentos, dende que na primeira viaxe coñecín a unha nena xorda, Fatimetsu, e a un rapaz marabilloso, xeneroso e listo, Kori. A primeira versión do conto que “escribín” no aire, por acenos, cando llo fun contando á nena xorda, foi cousa de media ou unha hora. Logo anoteino no meu caderno, e cando volvín a casa fun escribindo no ordenador, durante algúns meses. Cando o acabei tiña case 200 páxinas, e decidín quitar dese texto todo o que non facía falta, ata deixalo nunhas 80.
-Por que decidiches que Kori fose xordo-mudo? -Tampouco o decidín! É que Fatimetsu era xorda, e non falaba nada. E foi ela a que inspirou a historia, cando me preguntou que lle estaba dicindo o cameliño á súa nai, porque ela vía que movían os beizos como as persoas cando falaban. Se non fose xorda e por tanto non me fixese esa pregunta, xamais se me ocorrería esta historia.
-Escribiches máis libros coma este? -Seguramente si. Case todos os meus libros, por non dicir todos, xurdiron de algo parecido, cando un neno ou un adulto preguntáronme algo para o que aínda non tiña resposta, ou cando fixo algo que nunca vira antes.
-Como che sentiches ao escribir ou libro? -Cando escribo un libro mergúllome nel, na vida. Eu chámoo “escrivivir”. Así que sentín agarimo, dozura, e logo pena, rabia, rebeldía, dor… e por fin sentinme poeta. E é que eu era Kori mentres “escrivivía” a súa vida.
-Inspirácheste en alguén para escribir a historia? -Si, si, Kori é a mazcla dos dous nenos, Fatimetsu e Kori.
-Pasou esa historia na realidade? -Non. Pero o que inventei é o abrelatas do que antes vos falaba, a ferramenta para chegar ás sardiñas, é dicir: á verdade.
-É certo que na relixión de Kori, temen aos eclipses? -Pois si! Unha superstición como tantas que temos os galegos, os españois. Por exemplo, a mala sorte en día 13, ou non pasar por baixo dunha escaleira, ou tantas da nosa relixión… Hai que velo con respecto, porque é a súa tradición, a súa cultura.
-Con cantos anos escribiches este libro?
-Pois… A ver, resto: en 1999 tiña… 48 anos. Acabeino con 49 e publiqueino á metade da miña vida: 50. Por entón eu levaba dez anos escribindo, porque empecei en 1989. |
|||
La diadema de rocío, amósanos a importancia de non esixirlles aos demais o que non somos capaces de facer nós mesmos/as. Permitiunos viaxar a China e coñecer a sonoridade da súa escala pentatónica, ademais da importancia do bambú e os osos panda.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »