Dinamización e normalización da Lingua Galega |
O pasado 23 de febreiro celebrouse o día de Rosalía e no cole, coma todos os anos, estivemos traballando a figura desta gran escritora. Os nenos e nenas déixanvos este vídeo recitando poemas de Rosalía, esperamos que vos gusten.
|
|||
Non podemos estar máis contentos coa nosa festa do Entroido!! É que cando toda a comunidade educativa traballa xunta o resultado é magnífico!!! Despois de seguir os mandados do meco durante toda a semana, o venres estabamos preparados para desfilar e actuar diante das nosas familias vestidos de auténticos deportistas. Pero... quen eras eses que viñan disfrazados de nadadores??? A nosa ANPA sorprendeunos cunha actuación de natación sincronizada!! Que divertido!!! Moitas grazas!!! Despois puidemos saborear uns riquísimos doces de entroido que trouxeron todas as familias e non quedou aí a cousa... xa que os nosos amigos de Sete Cuncas viñeron amenizar a xornada!!! Que sorte temos!!! Moitas grazas a todos :)
|
|||
LUNS CON LENTES DE MERGULLAR, NO ENTROIDO TÍRATE AO MAR. MARTES SEGURO QUE O PASARÁS MELLOR, CUNHA ZAPATILLA DE CADA COR. MÉRCORES PARA O CORPO PROTEXER, ALGO NEL TES QUE TRAER. XOVES SE UN DEPORTE QUERES PRACTICAR, ALGO DO TEU EQUIPO HAS DE LEVAR. VENRES PREPÁRATE PARA AS OLIMPIADAS QUE DESPOIS TOMAMOS UNHAS LAMBETADAS.
|
|||
|
|||
|
|||
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES |
|||
|
|||
Reto superadísimo polo XENIAL alumnado do Josefa Alonso!! E aquí tedes a proba!! Sodes uns/unhas ARTISTAS!
|
|||
Xa que nos atopamos na recta final do curso queremos deixar constancia dalgunhas actividades que fixemos todos xuntos e xuntas...
... O CALENDARIO COOPERATIVO...
...E A NOSA ÁRBORE DE SUPERMULLERES...
|
|||
Compositor@s do Josefa Alonso! Poñédevos mans a obra para crear entre tod@s as mellores coplas para estes Maios tan "especiais". Seguide as instrucións!! |
|||